COMERCIO

"Santiago é Camiño... tamén para as túas compras", a nova campaña promocional do comercio compostelán

27/12/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a nova campaña de Compostela, Capital de Compras, que, baixo o slogan "Santiago é Camiño... tamén para as túas compras" busca consolidar o comercio compostelán como un referente da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal. A Concellaría busca así investir na promoción do comercio da cidade. En concreto, serán 25.020 euros os dedicados a esta campaña e á de...

Leer más

ALCALDÍA

As obras da estación do AVE iniciaranse no 2012 e rematarán no 2014

27/12/2010

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión co presidente de Adif, Antonio González Marín, á que asistiron responsables da entidade e da que saíu "moi satisfeito" polos resultados acadados. No encontro quedou expresamente recollida a petición municipal de deixar prevista a conexión entre o Hórreo e o barrio de Pontepedriña, a conexión soterrada entre o Hórreo e a avenida Clara Campoamor, e a do Hórreo coa avenida de Lugo.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo cre que o reparto de axudas para as liñas aéreas de baixo custo é "profundamente inxusto"

27/12/2010

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, considera "profundamente inxusto" o reparto de axudas para os voos de baixo custo que anunciou a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, posto que "non obedece a ningún criterio entendible desde o punto de vista da rendabilidade turística". Sánchez Bugallo non entende este reparto "salvo por razóns puramente locais e de orde inmediata", e lamenta que a Xunta "acceda a estes intereses curtopracistas".

Leer más
Compartir: