ALCALDÍA

O alcalde afirma que os orzamentos de 2011 colocan a Santiago en "moi boa posición" para afrontar a saída da crise

23/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou como "austeros" e "realistas" os orzamentos de 2011, cuxo proxecto foi aprobado inicialmente esta semana pola Xunta de Goberno. Malia a redución, destacou que estas contas "garanten o mantemento de todos os servizos, prestan unha especial atención aos máis desfavorecidos e prevén a apertura dos novos equipamentos".

Leer más

SANIDADE

O Refuxio de Animais de Bando rexistrou 1.251 ingresos e 1.179 saídas nos once primeiros meses deste ano

23/12/2010

De xaneiro a novembro, o Refuxio de Animais de Bando rexistrou 1.251 ingresos e 1.179 saídas de animais. Sumado o balance de entradas e saídas de 2010 (72), cos animais rexistrados en 2009, o centro ten rexistrados a día de hoxe (sen contabilizar os datos de decembro) 633 animais, dos que 523 son residentes, 100 están en acollida temporal ou definitiva e outros 10 están en trámites de adopción fóra do centro. O Refuxio de Animais está xestionado pola Fundación do mesmo nome da que, ademais de Santiago, forman parte os...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A piques de rematar as obras de restauración do río Corgo no barrio de Salgueiriños

23/12/2010

"As obras de restauración do curso do río Corgo están xa practicamente finalizadas; agora imos dar un tempo prudencial para a consolidación da zona verde, e en breve toda a veciñanza poderá desfrutar desta ampliación do parque, que supón unha grande mellora da calidade ambiental no ámbito dos Salgueiriños e a súa zona de influencia". Así o indicou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, nunha visita que realizou a esta área de Salgueiriños.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Inaugúrase a exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!" no CSC de Fontiñas

23/12/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou xunto co secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, a exposición Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!, que estará no Centro Sociocultural de Fontiñas ata o 2 de xaneiro. Trátase dunha mostra itinerante de carácter divulgativo que quere rachar, aproveitando o 125 aniversario do seu pasamento, os tópicos que existen arredor da poeta máis internacional das letras galegas. Está producida pola...

Leer más

ALCALDÍA

Nadalxogo, o espazo ideal para estas festas

23/12/2010

Botou a andar o programa Nadalxogo 2010, unha atractiva oferta de actividades dirixidas ao público infantil e xuvenil de Compostela. Todos os días, agás o 24 e o 31 de decembro, o Multiúsos de Sar abrirá as súas portas en horario de 17:00 a 21:00 horas a un mundo de lecer con obradoiros, teatro, contacontos e deportes, no que as familias compostelás atoparán un espazo ideal onde compartir estas singulares festas.

Leer más
Compartir: