EDUCACIÓN

Xornada de portas abertas e un concerto para comezar Nadalxogo 2010

22/12/2010

O xoves 23 de decembro inaugúrase no Multiusos Fontes do Sar o programa Nadalxogo 2010. E para comezar, celebrarase unha xornada de portas abertas das 17:00 ás 21:00 horas. E ás 19:00 horas, concerto inaugural de balde a cargo de Pablo Díaz, que presentará o seu traballo Tic-Tac.

Leer más

EDUCACIÓN

O grupo Concellos e Educación constitúe as súas comisións de traballo

22/12/2010

O xoves 23 de decembro, ás 10:00 horas na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (rúa Varsovia, 4 C – 6º planta), constituiranse as comisións do Grupo de Traballo "Concellos e Educación", formado polos concellos de Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Posteriormente, ás 11:15 horas, celebrarase unha rolda de prensa para explicar os obxectivos destas comisións

Leer más

CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Inaugúrase a exposición "Morrer de infancia", do Grupo Revela, nos centros socioculturais de Vite e Fontiñas

22/12/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o alcalde de Oleiros, Ángel Seoane; e o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, visitaron no Centro Sociocultural de Vite a mostra de fotografía Morrer de infancia, que se enmarca dentro da programación cultural do Foro 2010, que durante este mes ten lugar en Santiago de Compostela.

Leer más

ALCALDÍA

Os traballos do túnel do Hórreo estarán concluídos na primavera de 2011

22/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e ao xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, nunha visita ás obras do paso inferior para catro carrís do Hórreo. A visita coincidiu coa finalización da escavación dos dous túneles.

Leer más
Compartir: