PLENO

A Corporación municipal aproba a conxelación de todos os impostos e prezos públicos e da meirande parte das taxas

17/12/2010

Unha vez estudadas e rexeitadas as alegacións presentadas, o Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá definitivamente a modificación das ordenanzas fiscais. Tal como explicou a concelleira de Facenda, Rosa Fernández, a medida tradúcese "na conxelación de todos os impostos, a conxelación de todos os prezos públicos, a conxelación da meirande parte das taxas e unha actualización moderada de cinco ordenanzas: as relacionadas co ciclo da auga e do estacionamento de vehículos e grúa...

Leer más

ALCALDÍA

As prioridades dos orzamentos de 2011 serán a atención aos máis desfavorecidos e a calidade dos servizos básicos

17/12/2010

O proxecto de orzamentos para 2011 será aprobado pola Xunta de Goberno o martes 21 de decembro, segundo anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Son unhas contas que se reducen un 10% respecto ás de 2010, pero que atenderán, segundo indicou, a tres prioridades: atender os sectores sociais máis desfavorecidos, garantir a calidade dos servizos básicos e completar o xa empezado.

Leer más

VIVENDA

Compromiso para o financiamento de novas fases das áreas de rehabilitación e das urbanizacións da Muíña e Lamas de Abade

17/12/2010

A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, participou na Coruña na Comisión Bilateral de Vivenda. Na mesma, asinou coa secretaria de Estado de Vivenda, Beatriz Corredor, e co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o convenio para o financiamento das diferentes fases das ARI de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. Ademais, o Ministerio de Fomento comprometeuse a achegas para as urbanizacións dos solos da Muíña e Lamas de Abade.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago aproba un orzamento de 11,6 millóns de euros para 2011

17/12/2010

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración do Consorcio de Santiago. Na reunión aprobouse un orzamento de 11.650.181 euros para o exercicio 2011, destinados desenvolver os proxectos e programas do organismo interadministrativo, orientados a promover as políticas de recuperación urbana e de dinamización turístico-cultural da cidade, ademais da atención dedicada ao Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade Histórica.

Leer más
Compartir: