PLENO
O auditorio do Preguntoiro podería estar listo en xullo do ano 2010
Cos votos favorables dos tres grupos municipais, o Pleno aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1). Este cambio ten como obxecto autorizar o uso sociocultural do inmoble do número 23 do Preguntoiro, onde Caixanova construirá un auditorio.
XUNTA DE GOBERNO
Vía libre ao comezo de sete novas obras do Fondo de Inversión Local
A Xunta de Goberno elevou a definitivas as adxudicacións de sete obras das financiadas a través do Fondo de Inversión Local. En concreto, trátase da obras a realizar no núcleo de Canteira (San Lázaro); das urbanizacións da rúa Raiola, Meixonfrío e Cancelas; das obras de abastecemento en Pontepedriña e na Almáciga e do proxecto de novo local para Protección Civil no Estadio de San Lázaro.
XUVENTUDE
Semana de concertos con Millencolin e coa primeira entrega do certame "MúsicaXove"
A Concellería de Xuventude trae esta semana unha dobre proposta musical. Por un lado, o venres 17 de abril chega á Sala Capitol, no marco do Ciclo Importa, o grupo sueco Millencolin. Un día antes, comeza no mesmo lugar a segunda edición do certame MúsicaXove.