FACENDA E ORZAMENTOS
O Concello fomentará a práctica deportiva
O concelleiro de Facenda, Xoaquín Fernández Leiceaga, explicou que se facilitará o uso das instalacións deportivas municipais eximindo do pago de prezos públicos polo uso das mesmas á maioría dos composteláns.
CIDADE
Comezan os IV Encontros Internacionais de Arquitectura
A cerimonia de inauguración, no Palacio de Congresos e Exposicións, será o xoves 20 ás 16.30 horas, e a ela asistirán a Ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, ex decana del COAG e membro do Comité Científico; o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Mariano de Labra, e o director do Comité Organizador, Luciano González Alfaia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"O graffiti é unha forma de expresión"
O 20 de outubro remata a mostra "GRF.DIG. Graffiti na era dixital" que se expón no centro sociocutural A Trisca. Realizada por The Chemical Orange (pseudónimo de Luis González), preténde amosar o graffiti como unha técnica de creación gráfica, marcando as diferencias entre o graffiti tradicional, feito a man alzada, e o creado a partir de plantillas.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte e a Agrupación Deportiva El Correo Gallego asinan un convenio de colaboración
Con motivo da 28º Carreira Pedestre Popular de Santiago, asinouse un convenio no que participaron Manuel Portas, como vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, e Jesús Cea, como Presidente da Asociación Deportiva El Correo Gallego.
TURISMO
Santiago participa no III Salón Nexobusiness de Congresos
O concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela, participou este xoves 20 de outubro en ‘NexoBusiness’, o Salón Profesional de Viaxes de Empresa, Congresos, Convencións e Incentivos organizado polo grupo ‘NEXO’.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Ponse en marcha o proxecto "Equal Compostela Social, contigo para emprender"
A concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago coordina un proxecto que trata de fomentar a cultura emprendedora. Nel participan, ademais do Concello de Santiago, os concellos da mancomunidade (Ames, Brión, Teo, Val do Dubra, Boqueixón, Vedra), xunto a algunhas das principais organizacións públicas e privadas con presencia na nosa cidade.