CAPITAL CULTURAL

A vindeira semana arranca o festival Feito á man 2024, que encherá de música ao vivo as rúas e prazas da cidade vella compostelá durante o mes de agosto

01/08/2024

O FaM2024 celebrarase do 5 ao 24 de agosto, promovido pola Asociación Cultural Cidade Vella coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, e apoiado por outras empresas colaboradoras. Trece escenarios ubicados por toda a cidade vella acollerán máis de corenta propostas artísticas de diferentes estilos musicais. O escenario central será novamente o NARF e ubicarase na praza da Quintana e en Praterías.

Leer más

EMPREGO

O alumnado do obradoiro de emprego Appventurers desenvolve unha app de realidade aumentada no Museo do Pobo Galego

01/08/2024

Explorar virtualmente o Museo do Pobo Galego, e facelo ademais da man de dúas figuras como Rosalía de Castro e Castelao, é posible desde hoxe grazas á app deseñada e desenvolvida polo alumnado do obradoiro de emprego Appventurers. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a aplicación, que "pensada para outorgarlle valor engadido á visita ao espazo expositivo". Na rolda de prensa tamén participou o director do Museo, Manuel Vilar, o seu...

Leer más
Compartir: