PLENO

O Pleno aproba o destino dos remanentes de 2023 cos que se avanza na creación dun parque de vivenda pública de titularidade municipal en alugueiro

31/07/2024

No Pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado esta mañá aprobouse o expediente de crédito extraordinario que permitirá empregar os remanentes para a adquisición de bens inmobles no ámbito do Plan Especial PE-1 para o uso como vivenda pública, actuacións e obras urxentes no ámbito urbano e rural, ou o avance na xestión do ciclo integral da auga. En total, o expediente recolle partidas por un importe total de 6.779.998,82 euros que estará financiado na súa totalidade con remanente líquido de...

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade celebran o seu 30 aniversario coa apertura de monumentos en horario nocturno e múltiples actividades culturais o sábado 14 de setembro

30/07/2024

A presidenta do Grupo de Cidades Patrimonio e alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou hoxe a programación de ‘A Noite do Patrimonio, A Nit do Patrimoni, A Noite do Patrimonio’, que definiu como "o maior evento cultural que se celebra de forma simultánea nas 15 cidades Patrimonio Mundial e que constitúe a mellor representación da singularidade dos nosos monumentos, da nosa arte e das nosas tradicións, á vez que proxecta esta diversidade e a riqueza deste legado cultural en todo o mundo". O evento converterase de novo nun...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba a concesión de subvencións para as asociacións veciñais por máis de 82.000 euros

29/07/2024

A Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 29 subvencións por unha contía total de 82.396,32 euros dirixidas a asociacións veciñais da cidade para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Na sesión ordinaria desta mañá tamén se aprobou a adxudicación das obras de pavimentación do núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) á empresa ALCOMTE GALICIA S.L. por un importe total de 171.839,09 euros e dos lugares de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e rúa dos Asidros por 266.497,67 euros....

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As 15 cidades patrimonio danse cita en Santiago para presentar 'A Noite do Patrimonio' 2024

29/07/2024

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España volve poñer en marcha uno dos eventos culturais máis destacados: A NOITE DO PATRIMONIO. A NIT DO PATRIMONI. A NOITE DO PATRIMONIO. As quince cidades ofrecerán o sábado 14 de setembro decenas de eventos de primeiro nivel artístico nun acontecemento simultáneo único en España, que coincide coa celebración do 30 aniversario da creación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. O acto de presentación oficial de toda a programación terá lugar...

Leer más
Compartir: