MERCADOS

A Feira Medieval enche a cidade histórica de espectáculos de rúa e artesanía

30/09/2011

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, visitou a Feira Medieval, que se celebra do venres 30 de setembro ao domingo 2 de outubro en praza e rúas da Cidade Histórica. Os principais atractivos do evento son os espectáculos de rúa, incluídos espectáculos nocturnos onde o lume é o protagonista. Tamén hai múltiples obradoiros de oficios e diferentes exposicións temáticas.

Leer más

ALCALDÍA

Conxo contará no verán de 2012 cun campo de fútbol de herba artificial

30/09/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, reuníronse en Raxoi co secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete. Deste encontro saíu o compromiso da Xunta de colaborar no financiamento do futuro campo de fútbol de herba artificial de Conxo e na busca dos recursos para un complexo acuático en Santa Marta.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

Exponse ao público durante o mes de outubro o proxecto da variante de Aradas

30/09/2011

O Diario Oficial de Galicia publicou unha resolución pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e impacto ambiental da variante de Aradas, en Santiago de Compostela. Deste xeito, as persoas interesadas poderán coñecer o expediente aprobado inicialmente e realizar as alegacións que estimen oportunas. O período de información pública será de 30 días hábiles, polo que as consultas poden realizarse durante todo o mes de outubro.

Leer más

ALCALDÍA

Visita á renovada rúa do Home Santo

30/09/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou a rúa do Home Santo, unha vez rematadas as obras de reurbanización, nas que se investiron 1.357.012 euros.

Leer más

EDUCACIÓN

O novo Nadalxogo celebrarase en tres colexios e facilitará a conciliación

29/09/2011

Os CEIP Pío XII, Ramón Cabanillas e As Fontiñas acollerán unha nova edición de Nadalxogo, que cambia o seu formato a petición das ANPAS e co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. Celebrarase os días non festivos comprendidos entre o 23 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de 7:45 a 15:30 horas, incluíndo o servizo de comedor.

Leer más

PLENO

O Pleno aproba o outorgamento do nome dunha rúa a Manuel Fraga

29/09/2011

Na sesión ordinaria de setembro do Pleno da Corporación, aprobouse o outorgamento don nome dunha vía da cidade a Manuel Fraga Iribarne. Entre outros asuntos, tamén se deu o visto bo á modificación da taxa pola apertura de establecementos e ao calendario de festas locais para o ano 2012.

Leer más
Compartir: