POLÍTICAS SOCIAIS

Recepción municipal a Ategal con motivo do seu 40º aniversario en Galicia

08/11/2018

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acompañada doutros membros da Corporación e do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, recibiu no Pazo de Raxoi a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), con motivo da celebración dos 40 anos das Aulas de Galicia. A entidade conmemora esta efeméride cunha xornada de confraternización e visibilización na que participan unhas 400 persoas, alumnos e alumnas das nove sedes que Ategal ten en Galicia.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

"A Compostela Verde chega aos barrios" para poñer en valor as zonas verdes e a súa xestión sostible

08/11/2018

A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia pon en marcha un novo programa para concienciar e sensibilizar á poboación sobre a importancia e os beneficios das zonas verdes e do arborado urbano, e para divulgar a xestión sostible dos parques e xardíns. Baixo o lema "A Compostela Verde chega aos barrios", a campaña desenvolverase nos próximos meses nos centros cívicos, a través da empresa concesionaria do mantemento das zonas verdes.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Cineuropa acolle as estreas de "Dogman" e "Deslembro"

08/11/2018

O venres celebraranse varias citas cinematográficas ineludibles en Cineuropa. Ás 20:00 h, poderemos ver no Teatro Principal o último filme de Matteo Garrone, autor da exitosa Gomorra. O filme, que recibiu o premio ao mellor actor no Festival de Cannes, relata un caso criminal real que conmocionou Italia, un salvaxe pulso entre un perruqueiro de cans e un boxeador nun arrabalde romano, nun duelo excepcional dos seus actores, Edoardo Pesce e Marcello Fonte.

Leer más

CONSORCIO

A RFG achega aos nenos e nenas "O crebanoces" de Chaikovski xunto á compañía de monicreques Per Poc

07/11/2018

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de Primaria, mañá xoves e o venres, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. É a primeira das tres series de concertos didácticos que a orquestra ten programadas para esta temporada.

Leer más
Compartir: