ALCALDÍA
O alcalde ofrece á Asociación Sarela de Dano Cerebral unha parcela no Castiñeiriño para a súa nova sede
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Asociación Sarela de Dano Cerebral, José Balboa.
ALCALDÍA
O Concello e Begano renovan a súa colaboración no 50 aniversario da firma
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a sede de Begano acompañado do alcalde da Coruña, Javier Losada, con motivo do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca-Cola. Aproveitando esta visita, renovouse o convenio de colaboración entre a Fundación Compostela e Begano, que vincula a ambas entidades dende 2005.
ALCALDÍA
O Parlamento Europeo sitúa unha Caixa Multimedia en Santiago con motivo das eleccións do 7 de xuño
O Parlamento Europeo instalará no Parque da Alameda de Santiago, dende o 7 ao 13 de abril, unha gran Caixa Multimedia, denominada "Box Vox", con motivo das próximas Eleccións Europeas do 7 de xuño.
FACENDA
A débeda do Concello reduciuse máis de 30 millóns de euros nos últimos cinco anos
O concelleiro de Facenda, Andrés Fariña, explicou en rolda de prensa que a débeda real do Concello é na actualidade de 62.455.146 euros. Así figura nos datos en posesión do Ministerio de Facenda e do Tribunal de Contas.
MERCADOS
O alcalde inaugurou o novo mercado mensual Mostra Natura do Ensanche
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Praza Roxa a Mostra Natura do Ensanche, unha nova actividade que enriquecerá a oferta comercial e de ocio do Ensanche os primeiros sábados de cada mes. Un mercado de paxaros, plantas e flores e diversos obradoiros infantís integran a oferta desta iniciativa, patrocinada pola concellería de Mercados.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago descobre a policromía do primeiro dos retablos da capela xeral de Ánimas
A recuperación do primeiro dos retablos restaurados polo Consorcio de Santiago na igrexa de Ánimas pode contemplarse dende o sábado 3 de abril con motivo do inicio da Semana Santa. Foi nun acto público celebrado neste convento.
ALCALDÍA
Santiago aspira a ser sede dun congreso europeo de xornalistas en 2010
A presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), Magis Iglesias, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión tamén participou a Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polos seu presidente, Luís Menéndez.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte e Begano renovan o seu acordo de apoio ao deporte de base
O presidente de Begano, Federico Amor Sanjurjo, recibirá con motivo da celebración do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca Cola, ao presidente da Fundación Compostela Deporte e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o luns 6 de abril, na súa sede na avenida Alfonso Molina s/n, na Coruña, ás 12:30 horas. O acto tamén contará coa presenza do vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña.
MERCADOS
Amio, segundo mercado de gando do Estado
O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, presidiu en Talavera de la Reina, a reunión semestral da Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA), na que se deron a coñecer os datos do sector no ano 2008. Desta memoria despréndese que a nosa cidade segue situada na segunda posición en canto a movemento total de cabezas de gando ovino, vacún, equino e porcino.
COMERCIO
O Concurso de Escaparatismo destina máis de 36.000 euros a premios
A VI Edición do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, destinará a premios 36.580,98 euros. En cada unha das catro edicións das que consta o certame escóllense tres comercios gañadores. O obxectivo do certame é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.