PROMOCIÓN ECONÓMICA

Xornada sobre estratexias para mellorar o posicionamento das empresas nos buscadores de internet

04/11/2010

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo colabora con Iniciador Galicia na organización da xornada Mellora o SEO do teu negocio en internet, enmarcada no programa de fomento do emprendemento Compostela Activa. O obxectivo da conferencia, que será impartida polo experto en SEO (Search Engine Optimization – Optimizacion para motores de busca en internet-) Nico Castro, é mostrar ás persoas emprendedoras, empresariado e público en xeral, consellos, trucos e estratexias co obxectivo de mellorar o...

Leer más

CULTURA

No mes de Cineuropa tamén haberá música clásica, folk, curtas e artes plásticas

03/11/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural da cidade para o mes de novembro, que como todos os anos está protagonizado por Cineuropa. Ademais da cita para cinéfilos/as por excelencia, este mes chega unha variada oferta de concertos de clásica, percusión, banda e folk; acompañada das curtas de +Curtocircuito, entre outras cousas.

Leer más

VISITA DO PAPA BENEDICTO XVi

Plan de Mobilidade e Seguridade Viaria con motivo da visita da Súa Santidade o Papa

02/11/2010

Con motivo da próxima visita da Súa Santidade o Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, constiuíuse unha Comisión Técnica sobre Mobilidade e Seguridade Viaria que integra a representantes do Goberno de España, Xunta de Galicia, Concello de Santiago e Arcebispado, así como aos responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Esta comisión deseñou un importante dispositivo que pretende conxugar a seguridade de todos os asistentes, o seu desexo de participar nos actos organizados polo Arcebispado de Santiago...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adscribe a TUSSA o servizo de aluguer de bicicletas

02/11/2010

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno acordouse, entre outros asuntos, que o servizo de aluguer de bicicletas quede adscrito á empresa municipal TUSSA polo período dun ano, prorrogable por outro. Tamén se decidiu autorizar a redacción dun modificado do proxecto das pistas de tenis e pádel en Sar e a solicitude dunha prórroga para esta obra.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ E CIRCULACIÓN VIARIA

O Concello distribúe un folleto co plan de mobilidade e recomendacións con motivo da visita do Papa Bieito XVI

02/11/2010

Non se restrinxirá o tránsito de persoas polo Casco Histórico con motivo da visita do Papa Bieito XVI. Así o quixo resaltar a concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, na presentación á prensa dos folleto que se está a distribuír co plan de mobilidade e seguridade e coas recomendacións para esta data histórica do sábado 6 de novembro.

Leer más
Compartir: