CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra o seu trixésimo aniversario con paseos patrimoniais e unha campaña de concienciación sobre o coidado do patrimonio
Os paseos, que irán desde este venres 2 ao 16 de decembro, darán a coñecer a Compostela Patrimonio Mundial e a Compostela Oculta. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo asistiu esta mañá aos actos do trixésimo aniversario da institución.
ALCALDÍA E FESTAS
O Nadal chega a Compostela co acendido o alumeado
Arrancou o Nadal en Compostela co acendido das iluminación que marca o pistoletazo de saída a un amplo e variado programa de actividades para todos os públicos que recupera, tras dous anos de parón, a festa de Fin de Ano e a Cabalgata dos Reis Magos. A praza do Obradoiro acolleu o acto de acendido esta tarde que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, os membros da Corporación e representantes das asociacións de veciños, hostalaría e comercio.
ALCALDÍA
Os informes xurídicos obrigan ao Concello a recorrer a sentenza que anulaba a licenza de obras da gasolineira de Brandía
"Os informes xurídicos recadados polo Concello non nos permiten tomar outra decisión" explica o alcalde, Sánchez Bugallo que insiste en que a "posición política do goberno local sempre foi contraria á construción desa gasolineira e a nosa vontade era evitar un recurso" pero sabendo que a propiedade xa recorreu e tendo "motivos para pensar que vai a haber máis recursos a única opción razoable que quedaba enriba da mesa era presentar este recurso que teríamos preferido evitar"....
ACCIÓN CULTURAL
Compostela Cultura ofrece 32 espectáculos na programación de Artes Escénicas para o 1º semestre do 2023
Teatro, danza, circo e espectáculos familiares, cunha sección especial para bebés, que se poderán ver no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal, nun total de 43 funcións. As entradas para todos os eventos poderán mercarse a partir de mañá venres día 2, tanto na páxina web compostelacultura.gal como no despacho de billetes da Zona C, na praza de Cervantes
FESTAS, TURISMO E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela dá a benvida ao Nadal este venres co tradicional acendido das luces e un variado programa de actividades
O concelleiro de Festas e Turismo, Sindo Guinarte e a concelleira de Centros Socioculturais e Acción Cultural, Mercedes Rosón presentaron esta mañá en rolda de prensa o amplo programa de actividades para estas festas de Nadal que recuperan, tras dous anos de parón, a festa de Fin de Ano e a Cabalgata de Reis.
TURISMO
Santiago promociónase en Barcelona como destino para viaxes de incentivo e eventos corporativos
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB) manterá máis de 50 reunións con organizadores de encontros profesionais no IBTM World, entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
COMERCIO
Ampliado o prazo de descarga e uso dos Bonos Corazón Compostela ata o 31 de decembro
O Goberno Municipal acordou hoxe ampliar o período de validez dos Bonos Corazón Compostela desde o día da publicación das bases no BOP da Coruña ata o 31 de decembro de 2022, salvo esgotamento previo do saldo. O Concello de Santiago destina a estes bonos 1.250.000 euros. Ata agora, o último día para descargalos e utilizalos era o 10 de decembro. Unha vez se publiquen no BOP, amplíase o prazo ata o último día do 2022.