COMERCIO
A Escola de Comercio estará en Volta do Castro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa directiva da Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotes), na que abordaron algúns dos temas que preocupan a este colectivo. Entre outros puntos, falouse da construción da Escola de Comercio, que finalmente se ubicará nunha parcela de 5.000 metros cadrados cedida polo Concello en Volta do Castro (Conxo).
XUNTA DE GOBERNO
O Programa de edificios tutelados contará cun orzamento de medio millón de euros
A Xunta de Goberno municipal aprobou a convocatoria do Programa de edificios tutelados da cidade histórica, cuxa xestión corresponderá a EMUVISSA. Esta iniciativa vai permitir a rehabilitación e recuperación dalgúns edificios da zona histórica, que serán posteriormente alugados para recuperar o investimento realizados nos mesmos. Para esta primeira convocatoria, o Consorcio de Santiago achega 500.000 euros.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
Compostela solidarízase coas vítimas do conflito bélico do Líbano
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou unha declaración institucional, na que se solidariza coas vítimas da loita entre Israel e Hezbolá no Líbano. No texto, condénanse as accións violentas do exército israelita no sur deste país, consideradas como un atentado aos dereitos humanos, e demándase o cese das hostilidades na zona.
REHABILITACIÓN
A primeira convocatoria do Programa de mantemento de edificios recibiu 36 solicitudes
O Consorcio e o Concello de Santiago recibiron 36 solicitudes para o mantemento de edificios na cidade histórica, unha vez pechado o prazo o pasado 31 de xullo. Practicamente tódalas solicitudes se refiren á galerías e fiestras de madeira, co que se confirma que este programa cobre un baleiro en relación ás obras de mantemento que viñan afrontando en solitario os propietarios de Santiago. A subvención das obras para galerías de madeira e carpinterías é ata dun 50%, mentres que para o resto das obras é ata dun...
SEGURIDADE
O comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Enrique León, despediuse do alcalde
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Enrique León, quen deixa o seu cargo.
FESTAS
As Festas do Apóstolo péchanse cunha alta participación de todo tipo de público
Tras dezaoito intensos días de actividades pecháronse as Festas do Apóstolo. Con este motivo, o concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, fai balance destes días nos que reinou "o civismo de toda a xente que sabe divertirse sen necesidade de causar destrozos e danos, e a gran participación en todas as actividades programadas".
CULTURA
O Festiclown organiza unha gala de solidariedade con Palestina
O Teatro Principal acolle unha Gala de Solidariedade con Palestina o mércores 2 ás 22:00 horas. A recadación deste evento estará destinada a proxectos de carácter terapéutico nos territorios ocupados.
CONSUMO
A OMIC de Santiago atendeu 977 consultas e 163 reclamacións no que vai de ano
A telefonía segue a ser a materia sobre a que máis queixas de usuarios se presentan na Oficina Municipal de Información ao Consumidor, con 129 consultas e 67 reclamacións ata o 31 de xullo, a maioría motivadas por facturación incorrecta ou por non solicitude de portabilidade. En total, esta oficina recibiu 977 consultas e 163 denuncias neste período.