ALCALDÍA
Chega a Compostela a mostra que conmemora os 25 anos do Consello da Cultura Galega
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Museo do Pobo Galego a exposición Galicia 25. Unha cultura para un novo século, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do 25 aniversario da súa creación.
COMERCIO
Promoción Económica distribúe entradas gratuítas coa publicidade de Compostela Outlet
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo distribuirá o mércores 11 de marzo entradas gratuitas para asistir a Compostela Outlet, a terceira feira de saldos que se celebra en Santiago, que terá lugar o sábado 14 de marzo e o domingo 15 de marzo no Recinto Feiral de Amio, en horario de dez da mañá a nove da noite.
TURISMO
Pedro Roca, último convidado ás sesións de "Merco e cociño con..."
O sábado 14 de marzo, dentro do programa Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago, celébrase a derradeira edición dos talleres gastronómicos Merco e cociño con... da man de Pedro Roca. Neste innovador taller os asistentes poden coñecer de primeira man como é unha xornada na vida dun cociñeiro, acompañándoo a realizar a compra dos produtos cos que despois confeccionarán un menú de tempada.
ALCALDÍA
O Concello colaborará co Consello de Contas na busca dunhas instalacións máis amplas para institución
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz. No encontro falaron da necesidade da institución de atopar unhas instalacións máis amplas a medio prazo.
CULTURA
O Centro Coreográfico Galego presenta en Compostela "Giseliña", no marco do ciclo SCQ Danza
O Auditorio de Galicia acollerá o martes 10 de marzo, ás 21:00 horas e no marco do ciclo SCQ Danza, a presentación de Giseliña, de Cisco Aznar, representada polo Centro Coreográfico Galego (CCG). Doce bailaríns e bailarinas porán en escena estre traballo, que ten como referencia o ballet Giselle e a tradición popular galega.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social organiza unha xornada para promover unha rede comunitaria que combata a desigualdade social
Baixo o título "Redes de Iniciativa Social", a Concellería de Benestar Social organiza unha xornada formativa dirixida aos responsables e técnicos das entidades ou servizos que traballan no ámbito da inserción laboral e do voluntariado. Esta sesión didáctica celebrarase durante a mañá do mércores 11 de marzo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
TRANSPORTES
TUSSA pechou o 2008 cun balance de 115.000 pasaxeiros máis que en 2007
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na reunión presentouse o balance de 2008, ano que se pechou con 115.445 usuarios do transporte urbano máis que en 2007, o que supón un incremento do 1,49%.
COMERCIO
Compostela Outlet contará con actividades infantís e servizo de gardería
Compostela Outlet contará cun espazo infantil con capacidade para albergar 60 menores ao mesmo tempo, de entre 2 e 12 anos, coa finalidade de facilitar as compras ás familias que asistan á feira de saldos, que se celebrará o 14 e 15 de marzo no Recinto Feiral de Amio, en horario de dez da mañá a nove da noite.
MULLER
O Concello doa os 3.000 euros do premio Xohana Torres á Asociación de Viúvas Rosalía de Castro
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o Concello de Santiago de Compostela deu a coñecer hoxe, 8 de marzo, o fallo do premio de investigación Xohana Torres, que nesta ocasión quedou deserto. A contía do galardón, 3.000 euros, será doada á Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro".
ALCALDÍA
A Policía Local celebrou a súa festividade e entregou as medallas do Corpo
A Policía Local celebrou a festividade do Santo Anxo da Garda. Con tal motivo, os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. No mesmo acto entregáronse as Medallas do Corpo.