EMPREGO

Promoción Económica e Emprego organiza unha xornada sobre atención temperá

15/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o psicólogo, membro da Asociación Galega de Atención Temperá e asesor do Proxecto Persoa, José Cardama, presentaron a Xornada Interdisciplinar de Atención Temperá Os trastornos emerxentes e o proceso de vinculo na atención temperá, organizada no marco do Proxecto Persoa IV, que desenvolve a propia Concellaría.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novo pulo á actividade dos centros socioculturais cos programas "Asómate" e "No Campo de Fóra"

15/04/2010

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais está a acometer unha reorganización da Rede de Centros Socioculturais, que tamén afecta á súa programación. Co obxectivo de ofrecer propostas socioculturais para toda a familia, o departamento pon en marcha a segunda edición do programa Asómate, ademais de iniciar unha nova proposta de concertos e divulgación musical, No Campo de Fóra.

Leer más

CULTURA

Curtocircuíto celebrará un encontro de cineastas galegos durante a Semana Oficial

15/04/2010

Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organizado pola concellaría de Cultura, celebrará unha xornada dedicada ao encontro de profesionais do audiovisual galego. A cita será durante a súa Semana Oficial, o martes 25 de maio, e terá lugar na Zona C, sede do V Mercado Internacional de Curtametraxes.

Leer más

EDUCACIÓN

Os Premios Educacompostela recoñecen os materiais pedagóxicos máis innovadores

14/04/2010

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou esta mañá en rolda de prensa a VIII edición dos Premios Educacompostela, organizados polo seu Departamento e por Nova Escola Galega. Estes galardóns recoñecen, premian e difunden publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poden contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O novo centro cívico de Santa Marta contará cun pequeno teatro

14/04/2010

O barrio de Santa Marta contará moi pronto co seu tan agardado centro cívico. A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o proxecto do edificio, que se prevé que estea construído antes de final de ano, para completar o seu equipamento, o acondicionamento exterior e poñelo en funcionamento antes de que remate o actual mandato municipal.

Leer más

TURISMO

Santiago é o escenario do filme "Doentes"

14/04/2010

Santiago está sendo entre o 5 e o 16 de abril o prató de rodaxe de Doentes, unha película dirixida por Gustavo Balza, baseada na obra homónima de Roberto Vidal Bolaño, que ficciona un caso real vinculado coa historia recente da cidade e un espazo emblemático, o Hostal dos Reis Católicos. Nos anos 50 do pasado século, o edificio deixou de ser hospital para converterse en hostal por unha decisión de Franco para agasallar cunhas instalacións adecuadas aos visitantes estranxeiros, e concretamente ao presidente...

Leer más

FACENDA

O Concello logra un aforro corrente de máis de seis millóns de euros

13/04/2010

Malia a diminución dos ingresos correntes derivados da crise económica, o Concello foi capaz de obter un aforro corrente de mais de 6 millóns de euros. Os datos presentados pola concelleira de Facenda, Rosa Fernández, relativos á liquidación do presuposto de 2009 reflicten un volume de gasto realizado (obrigas recoñecidas) de 119 millóns de euros, dos que 79 millóns correspóndense a gastos correntes e máis de 32 millóns a investimentos e transferencias de capital.

Leer más
Compartir: