MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
O Concello pon en marcha un novo sistema de xestión de quendas e cita previa
A concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentou este martes o novo sistema de xestión de quendas e cita previa de varios servizos municipais. Este sistema permitirá organizar de xeito escalonado e eficiente a volta á normalidade na xestión de trámites administrativos, cumprindo coas directrices de distanciamento social decretadas en resposta á Covid-19.
ALCALDÍA
Rematan as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés ao seu paso polo polígono do Tambre
A conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez; os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte; e de Barrios e Obras, Javier Fernández, así como varios membros dos grupos municipais, supervisaron o remate das obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés ao seu paso polo polígono do Tambre. Unha actuación executada pola Xunta de Galicia, en coordinación co Concello de Santiago, que contou cun investimento de 1.840.860,65 euros, e que permitiu acondicionar un tramo de 811 metros da ruta, para...
XUNTA DE GOBERNO
O servizo de comedor escolar continuará en xullo e agosto grazas á colaboración con Afundación
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a continuidade do servizo de comedor escolar durante os meses de xullo e agosto. A fundación Galicia Obra Social (Afundación) asume durante estes dous meses este servizo, que se prestará nos centros socioculturais de Cornes e Vite.
FESTAS
Xa se poden reservar as entradas para os eventos das festas do Apóstolo
Dende o mediodía deste luns, 13 de xullo, xa se poden reservar as entradas para asistir aos diversos eventos das festas do Apóstolo 2020 a través da web reservas.gal. Todas as actividades son de balde, pero cómpre esta reserva para así ter un control dos aforos e poder garantir as distancias de seguridade.
CONSORCIO
O Consorcio conclúe os traballos no muro da Selva Negra, que presentaba risco de desprendemento sobre a estrada Santiago-Figueiras
O Consorcio de Santiago rematou a intervención no muro sur do parque forestal da coñecida como Selva Negra, unha zona verde situada no monte Pedroso, propiedade do organismo interadministrativo e xestionada polo Concello de Santiago. O muro presentaba risco inminente de desprendemento sobre a estrada DP-7803 Santiago-Figueiras, polo que se procedeu á súa consolidación. A intervención, executada pola empresa Alpanide, supuxo un investimento de 7.933,56 euros.
FESTAS
Formatos máis reducidos e seguros e propostas para todos os públicos nas festas do Apóstolo 2020
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este venres o programa das festas do Apóstolo, que este ano se celebrarán entre o 17 e o 31 de xullo. Segundo indicou, as deste 2020 serán "unhas festas excepcionais nunhas circunstancias excepcionais como son as da Covid-19", pero con "propostas para todos os públicos e en formatos máis reducidos e seguros".
ALCALDÍA
O alcalde destaca o "grande esforzo colectivo" que supoñen as eleccións deste domingo e anima os/as cidadáns/ás a ir a votar
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, convidou a todos os composteláns e compostelás a votar este domingo. "Foi un grande esforzo colectivo que paga a pena, ao que temos que corresponder todos os que vaiamos votar respectando as normas", indicou o rexedor a propósito do feito mesmo de que se poidan celebrar as eleccións.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia regresa aos escenarios cun concerto na Cidade da Cultura, dirixida polo seu mestre titular, Paul Daniel
A Real Filharmonía de Galicia regresa mañá sábado aos escenarios logo dun parón obrigado de catro meses debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Os músicos e músicas están a recibir sesións informativas para coñecer os protocolos de prevención que deben manter nas súas actuacións e esta mesma semana comezaron os ensaios.
CONSORCIO
Comezan as obras na capela de Santas Mariñas do Sar, promovidas polo Consorcio
O Consorcio de Santiago vai realizar obras de mantemento na capela de Santas Mariñas do Sar, por un importe global de 52.959,28 euros. A empresa adxudicataria desta intervención, que se prevé que estea rematada nun período de tres meses, é JSTOP Obras y Servicios, S.L.
INNOVACIÓN
Apróbanse as licitacións de compra pública innovadora do proxecto Smartiago por un valor estimado de máis de tres millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou hoxe a apertura do procedemento para licitar tres contratos do programa Smartiago, por un valor estimado de 3.338.292,27 euros (IVE engadido). Corresponden a proxectos mobilidade intelixente e sostible, xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, e alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio.