ACCIÓN CULTURAL

Limiar Teatro presenta "Don Quixote", unha comedia gastronómica con textos de Cervantes e outros dirixida ao público infantil

18/04/2016

Limiar Teatro presenta Don Quixote, unha comedia gastronómica con Fran Núñez dirixida por Nuria Gullón, que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes. Será este martes 19 de abril, a partir das 18:30 horas, no Teatro Principal. A obra está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos.

Leer más

ALCALDÍA

Homenaxe a Miguel Álvarez-Pardiñas, propietario da Libraría Toural

18/04/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de lembranza a Miguel Álvarez-Pardiñas, con motivo do Día Internacional do Libro. Propietario da Libraría Toural, o homenaxeado faleceu o pasado mes de febreiro á idade de 51 anos. O establecemento pechará as súas portas o vindeiro 30 de xuño.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Comezou o Certame de Teatro Intercentros

17/04/2016

Este domingo comezou o XXI Certame de Teatro Intercentros, coas primeiras representacións do grupos de teatro dos centros escolares de secundaria en xornada de mañá e tarde. A cita é no Teatro Principal, onde as representacións continuarán o luns 18, cos demais grupos de secundaria, e o luns 9 de maio, coas funcións dos grupos de primaria.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno legaliza a rehabilitación da antiga fábrica de curtidos de Ponte Sarela

15/04/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe a legalización da rehabilitación e ampliación da antiga fábrica de curtidos da Ribeira de San Lourenzo, no lugar de Ponte Sarela. A nova Lei do Solo de Galicia, aprobada en febreiro pasado, permite esta medida, ao modificar o tratamento lexislativo anterior sobre as actuacións sobre edificacións existentes de carácter tradicional. Deste xeito, o Concello non terá que executar a sentenza do Tribunal Supremo que ratificaba anteriores fallos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos que se obrigaba a...

Leer más

CONSORCIO

Os aboados da Real Filharmonía de Galicia recibirán unha enquisa para opinar sobre a hora de comezo dos concertos da orquestra

15/04/2016

O Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Auditorio de Galicia, sede da orquestra, van realizar un estudo para valorar a posibilidade de cambiar os horarios de inicio dos concertos da RFG. Así, os aboados recibirán estes días nos seus domicilios unha enquisa que permitirá coñecer as preferencias da maioría, así como os horarios incompatibles coas profesións doutros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Artistas galegos, tradición e vangarda protagonizan as Festas da Ascensión 2016

15/04/2016

A concelleira de Acción Cultural deu conta esta mañá da programación para as Festas da Ascensión 2016, que se celebran este ano do 4 ao 8 de maio. Branca Novoneyra destacou que se trata "dunha programación que conxuga tradición, vangarda, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa, que serán uns dos protagonistas desta festividade".

Leer más
Compartir: