ACCIÓN CULTURAL
Os contos do Festival Atlántica visitan a Aula de Pediatría do CHUS
A poucos días para a inauguración oficial do Festival Atlántica, chega unha das citas tradicionais deste encontro de narración oral: a función na Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este ano visitarán o centro hospitalario os brasileiros Aline Cântia e Chicó do Céu e levarán ata aló o seu espectáculo Contos de lá nos cantos de cá (17:30, Aula de Pediatría, en portugués).
ALCALDÍA E SEGURIDADE CIDADÁ
Os Bombeiros de Santiago celebraron o seu patrón
Os Bombeiros de Santiago celebraron este domingo o seu patrón, San Xoán de Deus, participando nunha recepción do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, no propio parque.
TURISMO
Sindo Guinarte recibe un grupo de peregrinos/as de Durham, o primeiro desa área en realizar o Camiño inglés en case cinco séculos
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, recibiu hoxe na praza do Obradoiro un grupo de 14 peregrinos/as procedente do condado de Durham e de Newcastle, en Inglaterra. Son os/as primeiros/as peregrinos/as católicos/as desta área que percorren o Camiño inglés en case 500 anos, despois da prohibición decretada polo rei Enrique VIII no século XVI.
PREMIOS
O concelleiro José Manuel Pichel asiste á entrega dos Premios 10 de Marzo
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, asistiu hoxe á entrega dos Premios 10 de marzo, celebrada no Centro Sociocultural das Fontiñas. Nesta edición, os galardoados foron Berta Trigo Culler, Plácido Cal Faraldo e Palmyre Ros.
PLENO
Sorteada a composición das mesas electoras para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril
Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario no que se realizou o sorteo para designación de integrantes das mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o domingo 5 de abril.
IGUALDADE
A IV edición do Mufest proxectará 18 filmes realizados por mulleres do 10 ao 14 de marzo
O Mufest. Festival de Cine Feito por Mulleres, alcanza a súa cuarta edición despois de varios anos sen celebrarse. A cita é do 10 ao 14 de marzo no Museo das Peregrinacións e no Teatro Principal, onde se proxectarán os 18 filmes da Selección Oficial, elixidos entre os 627 presentados a esta edición, procedentes de 50 países.
ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito co compromiso do Goberno español co Ano Santo e cos Camiños de Santiago
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa "satisfacción" por "ver que o Goberno central comprende e comparte o compromiso co Ano Santo 2021 e cos Camiños de Santiago. Así o indicou nunha rolda de prensa na que valorou as reunións mantidas este xoves coa ministra de Industria, Reyes Maroto; coa titular de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes; e coa subsecretaria de Facenda, María del Pilar Paneque. "Estou francamente satisfeito das xestións desenvolvidas e da receptividade atopada",...
ACCIÓN CULTURAL
Unha bufanda vermella para Valle-Inclán
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiu este venres no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron o voceiro municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e as concelleiras Branca Novoneyra (CA) e Navia Rivas (BNG).
EDUCACIÓN
Recepción a alumnado de intercambio de Guimarães e Compostela
A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu este venres un grupo de estudantes do Colégio do Ave de Guimarães e do Colexio Manuel Peleteiro, no marco do programa de intercambio SAW (School At Work International). No acto tamén participaron os concelleiros José Antonio Constenla (PP) e Rafael Peña (CA), e a voceira municipal do BNG, Goretti Sanmartín.
EDUCACIÓN
Ábrese a inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa
O Departamento de Educación abre o prazo de inscricion para o Programa Municipal de Conciliación Laboral e Familiar de Semana Santa, que se desenvolverá os días 6, 7, 8 e 13 de abril. Este programa comprende un conxunto de actividades a realizar nas instalacións do CEIP Monte do Postes e do CEIP Cardeal Quiroga Palacios. O prazo de inscrición estará comprendido entre o luns 9 e o venres 20 de marzo.