PLENO

O Pleno aproba a designación de membros do Consello Municipal de Saúde

17/03/2016

O Pleno da Corporación aprobou este xoves, na sesión ordinaria de marzo, a designación dos membros do Consello Municipal de Saúde. Deste xeito, este órgano queda definitivamente reactivado, despois da primeira reunión constitutiva celebrada en xaneiro, tras un longo período de dez anos sen celebrar ningunha xuntanza.

Leer más

ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan as dependencias de Cruz Vermella

16/03/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acudiron á sede de Cruz Vermella para coñecer os programas de traballo que desenvolven dende a entidade. A delegada territorial de Cruz Vermella e presidenta en Santiago, Mercedes Casanovas, agradeceu a presenza do rexedor e a concelleira e achegoulle as demandas de cara a este 2016.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A Concellaría de Medio Ambiente celebra o Día da Árbore con roteiros guiados polos parques de Santiago de Compostela

16/03/2016

A Concellaría de Medio Ambiente preparou un programa de roteiros guiados polos parques de Santiago para celebrar o Día da Árbore. Haberá visitas para o público en xeral e para os centros de ensino, en colaboración co Museo de Historia Natural e o CIAC acollerá actividades de divulgación para o público familiar. En Compostela hai preto de 23.000 árbores en zonas verdes e 7.200 en alcorques.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS

Avanza o proceso de revisión do Plan Especial

16/03/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presidiu este mércores unha nova xuntanza no marco do proceso de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica. A reunión serviu para analizar inicialmente o documento de información urbanística e diagnose da zona vella, no que se recollen os seus usos e se analiza o estado actual de instalacións e edificacións.

Leer más
Compartir: