CONSORCIO

A Real Filharmonía participa en "Música en Compostela" con dous concertos

07/08/2017

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 9 de agosto, e o segundo o venres día 11. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a primeira fase da renovación e modernización do alumeado público nos accesos á cidade

04/08/2017

A Xunta de Goberno vén de aprobar o proxecto da fase I de mellora da instalación do alumeado público dos accesos a Santiago. Como indicou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, "trátase dunha actuación vinculada ao proxectos de axuda do IDAE, pola que Santiago recibirá 1,4 millóns de euros e que permitirá renovar máis de 2.000 puntos de luz en todo o Concello".

Leer más
Compartir: