FESTAS

A feira cabalar e os concertos de Myles Sanko e Eladio y los Seres queridos protagonizan o xoves de Ascensión

24/05/2017

O Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) acolle no día da Ascensión a tradicional feira cabalar, pola que en 2016 pasaron arredor de 20.000 persoas. Ás 10:00 horas é a apertura de inscricións nos concursos morfolóxicos puntuables para a Copa Galicia de Pura raza Galega 2017 e nos concursos de cabalos e eguas cruzados e percheróns. A esta cita acudirá o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio e Galaxia publican un libro con dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares sobre Compostela

24/05/2017

Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A publicación preséntase esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. Ao acto asistiu o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de...

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Certame de Danza Intercentros leva un ano máis a escena o traballo escolar nesta disciplina

23/05/2017

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou, acompañado da profesora de danza Beatriz Viñal, o XII Certame de Danza Intercentros, Compostela en danza, que se celebrará o domingo 28 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. Uns 170 bailaríns e bailarinas dos centros de seis centros de ensino participarán nesta edición.

Leer más

MOCIDADE E FESTAS

Dúas propostas dos orzamentos participativos da área de Mocidade, no programa da Ascensión

23/05/2017

A concelleira de Mocidade presentou hoxe dúas das propostas incluídas na programación da Ascensión, saídas dos orzamentos participativos na área de mocidade. Trátase do Festival de Músicas do Mundo, que se celebrará o xoves 25 na praza do Toural, e do Cancelas Fest, previsto para o venres día 26 no barrio das Cancelas. Noa Morales salientou que "nas festas máis picheleiras ten todo o sentido que sexan os propios composteláns e compostelás os que decidan que programación queren".

Leer más

IGUALDADE E FACENDA

Santiago de Compostela participará en proxectos europeos por valor de 4,6 millóns de euros

23/05/2017

O Concello de Santiago participará no proxecto Wom@rts: Women’s Equal Share of Presence in the Arts and Creative Industries, da Comisión Europea, cuxo obxectivo é loitar contra a desigualdade de xénero no campo das artes e a cultura. Ademais o Concello vén de obter fondos por valor de 172.000 euros, ao ser aprobado pola UE o proxecto Atlantic Social Lab. Así o anunciaron este martes as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Economía e Facenda, María Rozas.

Leer más
Compartir: