TURISMO E LINGUA

Turismo de Santiago súmase ao programa Apego co tren turístico e co xogo-guía "Santiago mmm…que rico"

21/06/2016

Turismo de Santiago, en colaboración con Autocares Mosquera, porá esta fin de semana o tren turístico a disposición do programa Apego do Concello para que máis de 50 nenos e nenas poidan descubrir Santiago dende o punto de vista dos e das turistas. Haberá dous pases en galego cun discurso adaptado para o público infantil. Un será o sábado 25 ás 10:00 e outro o domingo ás 12:00 hora. A ruta comezará no Obradoiro. As prazas dispoñibles xa están esgotadas.

Leer más

TURISMO

A praza de Mazarelos acollerá un mercado tradicional, gastronomía, actividades e obradoiros para celebrar o San Xoán

20/06/2016

A praza de Mazarelos será o punto central das actividades do novo festival organizado polo Concello de Santiago, a través de Turismo de Santiago, para promocionar as Festas de San Xoán como un atractivo turístico da cidade. O evento arrancará a tarde do xoves 23, completando a programación que artellarán para o Día de San Xoán os distintos colectivos, barrios e asociacións da cidade, enriquecéndoa con accións que se prolongarán ata o sábado 25 para festexar a chegada dos días máis...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Os CEIPs de Roxos e Mestre Rodríguez Xixirei gañan a primeira campaña "Reciclar na escola ten premio"

20/06/2016

O edificio Cersia, en San Lázaro, acolleu este mediodía a entrega dos premios da primeira campaña "Reciclar na escola ten premio", enmarcada no programa Tropa Verde. O acto estivo presidido polo alcalde, Martiño Noriega, e contou coa asistencia dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, así como de representantes das empresas colaboradoras.

Leer más

ALCALDÍA

Inaugurada na Alameda a exposición conmemorativa "15 anos do ProxectoTERRA"

20/06/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu á inauguración da exposición conmemorativa 15 anos do ProxectoTERRA, organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia e instalada no Paseo da Ferradura da Alameda. Está composta por oito prismas onde se mostra o transorrer desta iniciativa de cooperación co mundo da educación, dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria.

Leer más

CONSORCIO

Nove alumnos e alumnas da Escola de Altos Estudos Musicais tocarán este mércores como solistas coa Real Filharmonía de Galicia

20/06/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, un curso de posgrao recoñecido como título propio pola Universidade de Santiago que naceu hai cinco anos como unha experiencia pioneira en España. Diríxese aos que remataron os seus estudos musicais e buscan integrarse nunha orquestra. Como colofón ao ano académico, varios alumnos do centro, seleccionados polo seu nivel de excelencia, participan como solistas nun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG).

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Uns 250 intérpretes encheron de concertos as prazas para celebrar o Día Europeo da Música

18/06/2016

Os alcaldes de Santiago, Martiño Noriega, e de Vedra, Carlos Martínez; e o concelleiro compostelán de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañados dos representantes institucionais dos concellos da Coruña e de Rianxo, José A. Acuña e Anxo Moares, participaron nos diferentes actos desenvolvidos este sábado en diferentes prazas da cidade para celebrar o Día Europeo da Música 2016. Foron varios concertos nos que participaron preto de 250 músicos da Escola Municipal de Música de Santiago, do grupo...

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música de Santiago celebrou o seu festival de fin de curso

18/06/2016

Ao longo dos últimos meses, a Escola Municipal de Música de Santiago, procurou amosar o traballo desenvolvido polas diferentes agrupacións musicais da Escola: Banda, Banda de Iniciación, Orquestra de Corda, Orquestra de Iniciación e Coros. Actuou en prazas, centros educativos e noutros espazos da cidade. Desta vez, no Auditorio de Galicia, as familias e o público tiveron a ocasión de comprobar o traballo conxunto da EMM.

Leer más

ALCALDÍA E CONVIVENCIA

A Agrupación de Protección Civil de Santiago cumpre 20 anos ao servizo dos cidadáns

18/06/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu no Auditorio de Galicia o acto de entrega das Medallas ao Mérito e á Constancia a 16 integrantes da Agrupación de Protección Civil de Santiago, con motivo do seu 20º aniversario. Ademais, a Agrupación compostelá recibiu a Placa ao Mérito Colectivo por estes vinte anos de servizo aos cidadáns, outorgada pola Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios (ANAV).

Leer más
Compartir: