EDUCACIÓN
O barrio de Santa Marta acolle o vindeiro sábado un concerto da EMM para a veciñanza
O Departamento de Educación e a Escola Municipal de Música organizan un ano máis, e xa van vinte, un novo 'Concerto para a veciñanza'. Esta cita coa música, no que participarán diferentes agrupacións musicais do centro, está pensado para dar a coñecer o traballo realizado pola comunidade educativa da EMM e dinamizar a vida local e cultural dos barrios procurando descentralizar e achegar a música a todos os sectores de poboación.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Alingua desvela a campaña É túa. Pásaa! para apelar ao uso do galego no individual e no colectivo
O lema para este ano está concebido como unha chamada á acción que será difundida a través dos dezanove concellos que forman parte da asociación, entre os que se atopa o Concello de Santiago. Unha pegadiza canción de estilo electro-latino realizada por Fátima Pego e Grande Amore centra as accións que se desenvolverán no primeiro semestre de 2023.
MOBILIDADE
Esta tarde celébrase o terceiro Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible
Tras dous encontros centrados na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP e no trasporte público da cidade, esta tarde terá lugar o terceiro foro, que versará sobre tráfico, estacionamento e distribución de mercadorías e se desenvolverá en formato telemático a partir das 17.00 h. O vindeiro 26 de abril terá lugar o último encontro temático no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS, no que se debaterán as problemáticas e retos da mobilidade no medio rural e...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Maker Faire Galicia pecha o call for makers con record de proxectos presentados e avanza os primeiros contidos para a súa IX edición
A Maker Faire Galicia, que se celebrará do 1 ao 4 de xuño en formato híbrido no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, pechou esta semana a chamada a makers, onde se recibiron máis de 70 proxectos tanto a nivel nacional como internacional. O evento conta co apoio do Concello de Santiago, entre outros organismos.
TURISMO
115 empresas e servizos composteláns reciben a distinción de calidade turística do SICTED
A Casa das Asociacións de Cornes acolleu onte o acto de entrega das distincións do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino que en 2023 recoñecen a 115 empresas e servizos turísticos do concello. Santiago recibiu en Fitur o premio ao Mellor destino turístico Sicted de España deste ano 2023.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse nas xornadas de Turespaña dirixidas ao mercado de Estados Unidos
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España promociónanse nas xornadas dirixidas ao mercado de América do Norte, que se celebran do 17 ao 20 de abril en Mallorca. Organizadas por Turespaña, estas xornadas teñen como obxectivo favorecer a comercialización dos produtos e servizos turísticos españois e nelas participan 75 axentes de viaxes e turoperadores procedentes do mercado norteamericano.
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago pon a disposición da cidadanía SENLLAP, unha app sobre árbores senlleiras do municipio
SENLLAP é unha nova aplicación do Concello de Santiago deseñada como unha guía interactiva para dar a coñecer as árbores dos parques da nosa cidade. Ademais, a cidadanía poderá enviar as súas propostas a través da app e participar na elaboración dun catálogo municipal de árbores singulares.
ALCALDÍA
O novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visita o Concello de Santiago e asina no Libro de Honra
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi o recén nomeado delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, que asinou no libro de Honra en presenza do concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte e da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas. A continuación mantiveron un encontro para facer un repaso das actuacións en trámite ou en marcha na cidade.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a licitación do contrato de transporte urbano
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación da "Xestión do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros do municipio de Santiago de Compostela, en réxime de concesión administrativa". A licitación, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, conta cun orzamento base de licitación de 86.014.581,21 euros; divididos en 13 anualidades; desde 2024 a 2036 ambos incluídos.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local dá luz verde á licitación do acondicionamento de 12.000 metros cadrados entre os ríos Sarela, Sar e Vilar
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o "Proxecto básico e de execución relativo á operación EDUSI de restauración do entorno dos ríos Sarela, Sar e Vilar", que conta cun orzamento básico de licitación de 341.590,13 euros. Esta actuación contempla o acondicionamento de 12.050 metros cuadrados, dos que 10.000 corresponden ao ámbito sur, e 2.050 metros cadrados, ao ámbito norte.