MOCIDADE
O luns 24 de maio ábrese a inscrición no "Campamento de verán de surf", destinado á mocidade de 14 a 17 anos
A concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do "Campamento de verán de surf", destinado a menores de entre 14 e 17 anos, que se desenvolverá en Oleiros, entre o 2 e o 9 de xullo. Contará con 20 prazas, e ten como obxectivos, segundo explicou na presentación o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, "prestar un servizo á cidadanía máis moza, e facilitar as relacións intepersonais entre eles a través de distintas actividades didácticas, deportivas e de lecer". O prazo de...
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o DVD e o enlace en internet do proxecto didáctico "Os nosos instrumentos hoxe", que se distribuirá entre os centros educativos de Galicia
O domingo 23 de maio a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela presentará no Auditorio de Galicia a proposta didáctica "Os nosos instrumentos hoxe". Son un total de 11 melodías, tocadas con 17 instrumentos tradicionais, e incluídas no DVD co que se agasallará ás persoas asistentes, e que hoxe presentaron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e os autores do proxecto: o intérprete e mestre de instrumentos Suso Vaamonde; e o director da banda, Casiano Mouriño.
CIDADES PATRIMONIO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade lanzan unha campaña de promoción internacional con Turespaña e Paradores en Europa, América e Asia
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou hoxe o plan de acción 2021, que se asinou xunto co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, para a promoción das 15 cidades españolas co selo Unesco nos principais mercados internacionais de Europa, Estados Unidos e Asia. A presentación deste plan tivo como escenario a caseta de Turespaña en FITUR e ao acto asistiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto co resto de alcaldes e alcaldesas das 15 cidades, así como o concelleiro de Turismo,...
MOBILIDADE
O sábado 22 entra en funcionamento a nova estación de autobuses de Santiago de Compostela
O próximo sábado 22 de maio comeza a funcionar a nova estación de autobuses de Santiago de Compostela, xestionada polo Concello de Santiago a través de Tussa. O novo equipamento está situado na remodelada rúa de Clara Campoamor.
DEPORTES
Santiago conta desde hoxe cun novo club deportivo, o EDS Santa Marta
Hoxe presentouse o EDS Santa Marta, un club deportivo que nace coa aspiración de formar non só deportistas, senón tamén persoas. O acto contou coa participación do seu presidente Santiago Araújo, e os concelleiros de Deportes, Esther Pedrosa, e de Centos Socioculturais, Javier Fernández. Os obxectivos da entidade deportiva para a vindeira tempada son crear as seccións de fútbol 8 e fútbol sala dentro da FGF, así como seguir organizando xornadas formativas e masterclass no eido deportivo e saudable e campus...
TURISMO
O Pazo de Congresos acolle esta fin de semana a VIII edición da Feira de Antigüidades
A concelleira Mercedes Rosón e os responsables da organización do evento, Ángel Moix e Marycruz Madrid, deron conta en rolda de prensa dos detalles desta edición, que volve a Santiago, tras un ano de parón, do venres 21 ao domingo 23.
TURISMO
Santiago aposta en Fitur polo turista 3.0 cunhas innovadoras videoguías
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron en Fitur as novas videoguías de Turismo de Santiago para promocionar a cidade entre o novo tipo de turista xerado pola Covid-19. Trátase dun turista 3.0, caracterizado por un uso intensivo de Internet e redes sociais, que empregan en todo o proceso dunha viaxe, dende a selección do destino ata a súa valoración unha vez rematado, compartindo a súa opinión na rede.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xa se coñece o cartel que ilustrará o programa Vive o Verán da rede de Centros Socioculturais, que o venres organiza unha conferencia sobre a vespa velutina
Unhas flores na marxe dun río reflectidas sobre a auga. É o debuxo que ilustrará os carteis da campaña Vive o Verán 2021. Pintouno Ainara, de 11 anos, usuaria da actividade de pintura no Centro Sociocultural de Conxo. A súa proposta foi a que máis "gústame" obtivo nas redes sociais, das 19 que se presentaron. Agora, todas elas serán expostas nun centro sociocultural.
TURISMO
Turismo de Santiago desenvolverá en Fitur un amplo programa de promoción da cidade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou as actividades que desenvolverá Turismo de Santiago en Fitur, a principal feira turística de España e unha das máis importantes do mundo, que se desenvolverá do 19 ao 23 de maio, nunha edición fundamental para a recuperación turística. O concelleiro estivo acompañado pola xerente da entidade municipal, Flavia Ramil.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas últimas vítimas da violencia machista: unha muller e o seu fillo asasinados onte en Mallorca.