CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis en furgonetas do 26 ao 29 de novembro
A Policía Local sumarase a vindeira semana a unha nova campaña de vixilancia e control da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Desta vez, entre o 26 e o 29 de novembro, os/as axentes realizarán inspeccións das furgonetas, un tipo de vehículo que se conduce co mesmo permiso de condución que un turismo, pero con características diferentes.
ALCALDÍA
Nace o proxecto "Unha Gran Burla Negra" para analizar a revolución cultural posterior á catástrofe do Prestige
O 25 de novembro de 2002, aos poucos días do afundimento do Prestige, nacía no Auditorio de Galicia a Plataforma contra a Burla Negra. Dezaseis anos despois, o próximo venres, ese mesmo espazo acollerá a inauguración dun proxecto que quere reflexionar sobre o que supuxo ese movemento e elaborar o seu arquivo cultural. Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019) bota a andar grazas ao apoio de diferentes institucións, entre elas o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.
ALCALDÍA
O alcalde súmase á celebración do 40 aniversario de CCOO-Galicia
O edificio Cersia acolleu hoxe a celebración do 40 aniversario do I Congreso do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia. No acto participou o alcalde, Martiño Noriega.
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha mostra que reúne unha selección de debuxos das tres edicións de "Compostela Ilustrada"
A Casa do Cabido acolle a exposición patrocinada polo Consorcio de Santiago Tres anos de Compostela Ilustrada. Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe, unha iniciativa que arrancaba no ano 2016 baixo a dirección do ilustrador Miguelanxo Prado. Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde; a comisaria da exposición,...
ACCIÓN CULTURAL
Última fin de semana de Cineuropa: debates, encontros, moito cine e o tradicional maratón
A programación deste venres no festival Cineuropa comezará cun necesario debate sobre a situación das mulleres tralladoras do sector audiovisual. O evento, que terá lugar ás 12:00 h no Museo das Peregrinacións, terá como título: "Mulleres creadoras: a situación no audiovisual galego e as experiencias noutros escenarios" e nace coa intención de analizar a evolución do sector cinematográfico a diferentes niveis e dende as máis amplas perspectivas profesionais, para concluír...
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Todo listo para a cuarta edición da Maker Faire Galicia, que se celebra o 24 e o 25 de novembro
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá os detalles da cuarta edición da Maker Faire Galicia, que se celebra na Cidade da Cultura o 24 e 25 de novembro. Na rolda estivo acompañada polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e pola coordinadora da Maker, Matilde Rodríguez.
POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago reunirá persoas expertas de todo o Estado para abordar a situación das persoas sen fogar
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a xornada Abordaxe do senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción, que se celebrará o vindeiro xoves 29 de novembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos s/n). Na rolda estivo acompañada pola psiquiatra Lucía del Río.
ACCIÓN CULTURAL
Máis dunha vintena de compañías beneficiáronse das tres convocatorias de residencias artísticas na Sala Agustín Magán
Un total de 24 compañías beneficiáronse das tres convocatorias de residencias artísticas postas en marcha pola concellería de Acción Cultural dende xaneiro de 2017. No espazo do Centro Cívico de Santa Marta preparáronse 31 espectáculos de artes escénicas grazas a estas convocatorias, as únicas destas características que existen en toda Galicia.
CONSORCIO
A RFG e o Consello da Cultura Galega presentan un disco con obras inéditas do compositor José Arriola
A Real Filharmonía de Galicia e o Consello da Cultura Galega presentaron esta mañá o disco José Arriola. Orchestral Music, con obras inéditas do compositor galego. É o resultado dun proxecto de colaboración entre o Consorcio de Santiago e o Consello da Cultura Galega que arrincou en 2010 coa edición das obras completas e a gravación no Auditorio de Galicia dun dobre CD, que sae agora á luz da man do selo discográfico Brilliant Classics, unha das mellores editoras de música clásica do.../em>
ACCIÓN CULTURAL
Novas estreas, encontros con cineastas e a película sorpresa, na xornada deste xoves en Cineuropa
Entre a programación deste xoves en Cineuropa volvemos salientar varias estreas. Ás 18:15 h exhibirase What keeps you alive, un trepidante filme de supervivencia cuxa acción sitúa o seu director, Colin Minihan, nun nada bucólico bosque. De seguido na mesma sala, ás 20:15 h, teremos a oportunidade de asistir ao primeiro pase de Support the girls, de Andrew Bujalski, unha das películas norteamericanas máis celebradas do curso independente sobre un bar con mozas que visten de forma provocadora pero que traballan.../em>