EDUCACIÓN

Os gañadores composteláns do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" viaxan a Córdoba e Segovia

23/04/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi os gañadores os alumnos composteláns gañadores da novena edición do Programa Coñecer as Cidades Patrimonio, pertencentes ao IES de Sar. Estes escolares partirán o luns 26 cara Córdoba, onde participarán no certame final do programa e, posteriormente, cara Segovia, a cidade sobre a que realizaron o traballo.

Leer más

XUVENTUDE

Deseqilibrio Mental gaña a primeira final do "MúsicaXove" na categoría de metal

23/04/2010

Na noite do xoves 22, os fans do metal puideron escoitar ás novas promesas do estilo musical que emerxen en Galicia nun concerto na Sala Capitol no que participaron tres grupos da zona de Compostela, Deseqilibrio Mental (Teo), Nightcrawler (Santiago) e Empezar de Zero (Lalín-Arzúa), na primeira final da terceira edición do MúsicaXove, certame organizado pola Concellaría de Xuventude. O gañador foi o primeiro deles.

Leer más

CULTURA

Un novo catálogo da Zona "C" recolle as catro intervencións artísticas neste espazo en 2009

22/04/2010

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais vén de publicar o catálogo que reúne as catro intervencións artísticas realizadas na Zona "C" no 2009. É o terceiro catálogo anual editado desde que a Concellaría abriu este espazo en Bonaval, xestionado polo Auditorio de Galicia. Nun coidado estoxo reúne un disco compacto con material audiovisual e catro cadernos con imaxes e informacións das catro propostas do ano pasado: 1:10, de Sara Fuentes Cid; Dinero, de Montse Rego; En...

Leer más
Compartir: