ECONOMÍA

O Cersia acolle dous seminarios para emprendedores e xestores de Pemes

22/11/2011

A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou dous seminarios formativos gratuítos dirixidos a emprendedores e xestores de Pemes dentro do programa Santiago Investors Support. Desenvolveranse en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) da Coruña. A edil estivo acompañada pola directiva da AJE Lucía Canabal.

Leer más

CULTURA

O festival Cineuropa pon o foco sobre o traballo das creadoras galegas

22/11/2011

Dentro das actividades paralelas ao Festival, Cineuropa ofrece o mércores 23 de novembro a posibilidade de asistir a unha mesa redonda na que destacadas realizadoras galegas de distintas xeracións analizarán o presente e o futuro da produción cinematográfica de Galicia. A mesa redonda celebrarase na sede da Fundación Novacaixagalicia-CSM (rúa do Vilar), ás 18:00 horas. A entrada é aberta e gratuíta ata completar o aforo.

Leer más

FACENDA

Un plan estratéxico fixará as prioridades de investimento para os vindeiros catro anos

21/11/2011

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou que o Goberno municipal elaborará un Plan Estratéxico de Investimentos, que fixará as prioridades na execución de investimentos nos vindeiros catro anos. En canto aos orzamentos de 2012, agarda poidan entrar en vigor o 1 de xaneiro e indicou que o seu importe final estará entre os 85 e os 90 millóns de euros.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Prorrogada por un ano a explotación do estacionamento de borde de Salgueiriños

21/11/2011

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a prórroga por un ano da encomenda do estacionamento de borde de de Salgueiriños. Ademais, acordou a modificación das tarifas de autotaxi para o ano 2012 e a prórroga de varios servizos, así como a adxudicación doutros, como o de radiocomunicacións da Policía Local ou o de subministro de roupa para este corpo.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Resolto o problema de seguridade na estrada Roxos-Reborido coa retirada dun valado

18/11/2011

O problema de seguridade viaria e peonil causado por un valado de obras que invadía a estrada entre Roxos e Reborido quedou finalmente resolto, tras máis de dous anos de demandas veciñais. O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, xestionou esta solución, ao igual que a retirada duns ferros perigosos nas inmediacións do CEIP de Roxos.

Leer más

MULLER

Unha andaina solidaria e un camiño de pegadas contra a violencia de xénero

18/11/2011

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, convidou a todos os composteláns a participar nos actos previstos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro. Nesta ocasión, o recordo ás vítimas e o labor de sensibilización irá ligado ao propio Camiño de Santiago, a través dunha andaina e dun camiño de pegadas das mans dos escolares. Os actos completaranse cunha exposición.

Leer más

CULTURA

Aberta ata o 30 de novembro a convocatoria do XVII Premio Antonio Fraguas de investigación sobre traxe galego

18/11/2011

O Premio de investigación sobre o traxe galego "Antonio Fraguas" chega á súa XVII edición. O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes, presentaron a convocatoria, que premiará con 1.200 e 600 euros, respectivamente, os mellores traballos analíticos e descritivos sobre a indumentaria tradicional galega. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 30 de novembro.

Leer más
Compartir: