DEPORTE

Recepción á selección de fútbol sala de Turkmenistán

21/08/2017

O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a recepción aos xogadores e corpo técnico da selección de fútbol sala de Turkmenistán. O equipo atópase en Compostela para disputar mañá un partido amigable co Santiago Futsal. No acto tamén participou o presidente do club compostelán, Ramón García.

Leer más

REPULSA

A praza do Obradoiro queda en silencio contra a barbarie terrorista

18/08/2017

Ducias de persoas sumáronse aos cinco minutos de silencio convocados polo Concello de Santiago na praza do Obradoiro en repulsa polos atentados terroristas das últimas horas en Cataluña, primeiro en Barcelona e despois na localidade tarraconense de Cambrils. O alcalde, Martiño Noriega, encabezou a concentración, na que tamén participaron concelleiros e concelleiras dos catro grupos políticos municipais.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba novos proxectos para a súa inclusión na EDUSI

18/08/2017

A Xunta de Goberno aprobou hoxe dous novos proxectos que lle serán remitidos ao Ministerio de Facenda, para á súa inclusión na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Santiago. Trátase dun programa de sensibilización social e igualdade entre mulleres e homes, e dun plan de accesibilidade universal.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O espectáculo "Voos" abre a programación de teatro e danza do Auditorio para a volta do verán

18/08/2017

Inspirada polo xenio creativo e revolucionario de Leonardo Da Vinci, a prestixiosa compañía Aracaladanza leva ao escenario do Auditorio de Galicia unha fermosa proposta onírica que convida ao público a abrir as ás e voar. Voos é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar que pretende, a dicir dos seus creadores, "deleitar os sentidos e convertelos, ao tempo, en ferramentas subversivas coas que cambiar o mundo". Chega a Santiago nunha única función programada o...

Leer más

EMPREGO

Segue o acondicionamento do contorno do río Sar grazas a un novo obradoiro de emprego xuvenil

17/08/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou hoxe o Obradoiro de Emprego Ecotur Xuvenil III, que permitirá acondicionar un novo tramo das ribeiras do río Sar, desta vez no barrio de Conxo. Marta Lois mostrou a súa satisfacción por "seguir poñendo en marcha iniciativas que, dunha banda, permiten ofrecer unha oportunidade formativa e laboral aos mozos e mozas, ao tempo que contribúen á mellora do noso patrimonio natural e histórico".

Leer más
Compartir: