MOBILIDADE

Ponse en marcha a área de acollida de autocaravanas en Salgueiriños

24/01/2012

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, visitaron a nova área de servizo e punto limpo para autocaravanas do aparcadoiro de borde de Salgueiriños. Neste espazo, ademais de aparcar o vehículo, os usuarios poden abastecerse de auga e eliminar as augas residuais.

Leer más

EDUCACIÓN

Máis de 1.400 escolares descobren a Compostela do século XIII

24/01/2012

O concelleiro de Educación, Ángel Currás, acompañou a un grupo de escolares dos colexios Nosa Señora dos Remedios e Milagrosa na súa visita á exposición Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211, que se exhibe na renovada Casa do Cabildo. Uns 400 alumnos de Santiago e comarca xa participaron nas visitas guiadas e outros 1.000 xa teñen a súa reserva confirmada. As visitas do público en xeral xa alcanzan as 3.000 persoas.

Leer más

CULTURA

Vinte e un espectáculos na programación de teatro e danza da Concellaría de Cultura

24/01/2012

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación completa de teatro e danza da Concellaría ata o mes de xuño. En total serán 65 citas con 21 espectáculos diferentes que aglutinan unha variada mostra do teatro e da danza galegos, así como o chegado dende diferentes puntos da xeografía española.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A nova ordenanza de terrazas delimita espazos e introduce melloras estéticas

23/01/2012

Tras a súa aprobación na Xunta de Goberno, a concelleira de Urbanismo, María Pardo, explicou o proxecto de ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería. Esta norma ofrece un marco máis normativo máis amplo, con maiores posibilidades para os titulares destas instalacións. Regúlase o mobiliario, os tipos de instalacións autorizables, as modalidades de ocupación e as particularidades da instalación de terrazas en espazos libres privados, ademais do réxime de sancións.

Leer más
Compartir: