CULTURA

"Aneis", "Dessassosego" e "O asombro", tres Escenas Poéticas para a Zona C

25/02/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as representacións de Escenas Poéticas, tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré especialmente pensadas para a Zona C. Estivo acompañado de representantes das tres compañías que protagonizan as tres propostas: Branca Novoneyra ("Aneis"), Iria Pinheiro de DandyLady ("Dessassosego") e Inacio Vilariño de Fantoches Baj ("O asombro").

Leer más

FACENDA

Últimos días para que os cidadáns se acollan ao pago fraccionado do IBI

25/02/2013

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, informou sobre a solicitude do pago fraccionado do IBI e animou aos cidadáns a aproveitar os últimos días para elixir esta alternativa, que permitirá sufragar o imposto en tres prazos. O último día para solicitar este pago fraccionado é o xoves 28 de febreiro.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reorganiza o Goberno municipal en sete grandes áreas de xestión

22/02/2013

O alcalde compostelán presentou a reorganización do Goberno municipal. Créanse sete grandes áreas de xestión, nas que quedan integradas, de forma coordinada, os diferentes departamentos municipais, cuns concelleiros responsables de cada área e outros concelleiros de apoio. Esta nova estrutura, segundo Ángel Currás, "sitúase na vangarda no municipalismo, iniciando una tendencia que non ten volta atrás".

Leer más

CULTURA

Joaquín Reyes presenta "Soy especial" dentro do ciclo Falabaratos

22/02/2013

Joaquín Reyes chega a Santiago para presentar o seu monólogo máis irreverente e underground, Soy especial, dentro do ciclo Falabaratos. Un espectáculo divertido e atrevido onde a risa está garantida do primeiro ao último minuto. Será no Teatro Principal en dúas funcións, ás 20:00 e ás 22:30 horas. A seguinte cita de Falabaratos será con Miguel Lago o xoves 7 de marzo, a partir das 20:00 horas, no Teatro Principal, onde presenta Soy un miserable.

Leer más

URBANISMO

A actuación de urxencia da Brigada na rúa Virxe Branca motiva un pequeno cambio do proxecto e unha nova adxudicación

21/02/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, comunicou que as obras de reurbanización da rúa Virxe Branca comezarán en canto se adxudique o proxecto modificado das mesmas, o cal será posible unha vez se dispoña dos remanentes orzamentarios. A edil agarda que esta incorporación se produza nos vindeiros días, tras a que se iniciará un procedemento de urxencia para adxudicar a obra.

Leer más
Compartir: