UMAD
Santiago de Compostela é escenario dunha singular batalla de breakdance
O sábado 3 de novembro, a partir das 16:00 horas, Área Central será escenario do Campionato Galego de Breakdance "Santiago Street Battles", organizado por Vella Escola coa colaboración do centro comercial e do Concello de Santiago. Este proxecto pretende ser unha alternativa de ocio saudable acorde coas inquedanzas e intereses da xuventude actual.
TURISMO
Santiago promociónase en Londres
Turismo de Santiago promocionará a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que terá lugar en Londres entre o 5 e o 8 de novembro. Nesta feira participan máis de 45.000 profesionais do sector, con máis de 2.500 xornalistas internacionais rexistrados. Turismo de Santiago ten xa pechadas múltiples reunións con axencias e touroperadores, que amosaron o seu interese na cidade a través da plataforma privada da propia feira.
MEDIO RURAL
Medio Rural inicia o desbroce de 192 quilómetros de pistas do rural
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta en rolda de prensa da inminente execución da fase de desbroces nas pistas asfaltadas do rural, unha vez rematados os traballos realizados nas pistas forestais. Tamén informou do comezo das obras do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2012).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellería de Centros Socioculturais únese ás celebracións do Samaín
A Concellería de Centros Socioculturais participa na celebración das diversas tradicións que entorno ás datas do vindeiro 31 de outubro e 1 de novembro, nos achegarán ás costumes vencelladas ao Samaín e aos Santos Defuntos.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago convoca axudas ao mantemento de edificios na Cidade Histórica
O Consorcio de Santiago abre o prazo de solicitudes para acollerse ás axudas para o mantemento de edificios situados na Cidade Histórica de Santiago. Así, habilitou unha partida de 100.000 euros destinada a subvencionar obras de conservación en fachadas, cubertas, portas, fiestras e galerías de madeira. Tamén se poderán arranxar os canlóns e as baixantes de pluviais. O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de decembro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Francisco Noya deu conta ao Consello de Relacións Veciñais da suba do 30% nas subvencións ás asociacións
O Consello de Relacións Veciñais celebrou unha nova sesión ordinaria, presidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e na que tamén participaron, entre outros, o concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, e a edil de Turismo, Reyes Leis, esta a petición dos propios representantes veciñais.