FESTAS

A Feira Cabalar en Amio e os concertos de Fred Wesley e Aurora & The Betrayers protagonizan o xoves da Ascensión

04/05/2016

O Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) acolle no día da Ascensión a tradicional feira cabalar, pola que en 2015 pasaron máis de 10.000 persoas. Ás 10:30 horas é a apertura de inscricións nos concursos morfolóxicos puntuables, dos que hai confirmadas xa 16 ganderías de pura raza galega procedentes de Oza-Cesuras, Ferrol, San Sadurniño, Vimianzo, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Muras, Brión e Boqueixón.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Compostela recibiu o alumnado vasco e galego que participa na Regueifesta

04/05/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este mércores no edificio Cersia a un encontro regueifeiro no que interviñeron alumnado galego e vasco e as regueifeiras Sara Marchena e Alba María. Xunto ao edil estiveron Iñaki Iturriotz, Lur Olabarri, Izarne Aguirre, Illart Gumuzio, Sechu Sende e Manolo Maseda, os profesores do País Vasco e de Galicia que organizaron a Regueifesta. O acto estaba aberto ao público e nel tamén participaron activamente varios centros educativos composteláns, como o IES...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Delrevés Danza Vertical presenta este venres "Uno" dentro do circuíto Danza a Escena

04/05/2016

Delrevés Danza Vertical presenta Uno este venres dentro de Danza a Escena. Trátase dun circuíto artístico promovido polo INAEM e desenvolvido por La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales de titularidade pública e que recala este ano por vez primeira Santiago de Compostela. Este espectáculo poderemos velo a partir das 19:00 horas na praza da Peixería Vella con entrada libre. Tras o ballet de Carmen Roche que xa puidemos ver o pasado mes e este novo espectáculo, Danza a Escena...

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

O cuarteto La Pampa ofrece un concerto en Santiago dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio

04/05/2016

O Cuarteto La Pampa ofrecerá un concerto este venres, 6 de maio, dentro do III Ciclo de Música de Cámara das Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Será ás 20:00 horas na igrexa de san Domingos de Bonaval, con entrada libre ata completar aforo. Este cuarteto está formado por Eva Rabchevska e Roxana Wisniewska, violíns; Cristina Cordero, viola; e Alejandro Viana, violonchelo.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Aberta a inscrición nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais

03/05/2016

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños abriron este luns a inscrición nunha nova edición dos seus obradoiros de verán, que se desenvolverán durante o período de vacacións escolares. Están destinados a nenos e nenas empadroados en Santiago que cursen estudos de 2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.

Leer más
Compartir: