TURISMO
"Vivir Compostela" chega ás 2.000 reservas nunha semana
A campaña Vivir Compostela, lanzada por Turismo de Santiago para dar a coñecer aos cidadáns as infraestruturas e recursos turísticos, atopou unha resposta masiva entre os composteláns, que xa esgotaron as prazas en catro das vinte actividades gratuítas ofertadas.
INFRAESTRUTURAS
Case 340.000 euros para reforzar o firme da vía entre Son de Abaixo e Marzo de Abaixo
A Xunta de Goberno deu o visto bo ao inicio do expediente de contratación das obras de reforzo do firme na vía pública R-5-III-B, entre Son de Abaixo e Marzo de Abaixo, incluídas no Plan de Cooperación Provincial 2007 da Deputación da Coruña. Esta actuación suporá un investimento de 339.269 euros.
EDUCACIÓN E DEPORTE
Nova edición do programa "Á auga patos"
O Goberno local aprobou a sinatura do contrato entre o Concello e a empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE) para o desenvolvemento do programa "Á auga patos" na edición 2007-2008. Tamén se deu o visto bo aos modelos de información, inscrición e autorización.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica organiza unha xornada para fomentar a cultura emprendedora
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a II Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 23 de outubro no Palacio de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.
ALCALDÍA
A cidade de Helsinki colaborará con Santiago en varios proxectos de desenvolvemento urbano
A delegación compostelá reuniuse co rexedor da cidade de Helsinki, Jussi Pajunen e cun equipo de expertos en urbanismo da capital finesa.