ALCALDÍA

Encontro con 500 santiagueses na Casa de Vedra en Bos Aires

03/05/2009

Dentro da súa visita institucional a Bos Aires, o presidente da Mancomunidade de Santiago e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou o domingo 3 de maio nun encontro con 550 persoas da colectividade emigrante de Santiago. Con eles departiu arredor da situación actual e dos proxectos de futuro da capital galega e dos concellos da Mancomunidade.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visita o Fogar Galego de Anciáns Domselaar e o Centro Galego de Avellaneda

02/05/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do alcalde de Brión, Xosé Luís García, e do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visitaron o sábado 2 de maio o Fogar Galego de Anciáns Domselaar, situado no barrio de Avellaneda, en Bos Aires. Trátase dun centro de referencia na atención a persoas da colectividade emigrante que se atopan en situación de precariedade económica con capacidade para 150 persoas.

Leer más
Compartir: