ACCIÓN CULTURAL

Juan Mayorga estará no Teatro Principal para presentar "Reikiavik" e conversar co público

07/04/2016

O dramaturgo Juan Mayorga estará este venres en Compostela para presentar Reikiavik, a súa última obra de teatro que poderemos ver a partir das 20.30 h no Teatro Principal. Ao remate da mesma, Mayorga manterá un encontro co público. As entradas, teñen un prezo de 12 euros (6 para os grupos que teñen os descontos habituais) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.

Leer más

CONVIVENCIA

O Concello presenta un programa para previr as pintadas vandálicas a través da arte urbana

06/04/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe o proxecto Rúas, "Rexeneración Urbana. Arte. Santiago". Trátase dun programa que ten como obxectivo acabar coas pintadas nas rúas de Compostela a través de actividades educativas e preventivas, e poñendo en valor os auténticos graffitis fronte ás agresións ao patrimonio. O proxecto foi desenvolvido pola Asociación Vella Escola.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS E DEREITO Á VIVENDA

Jorge Duarte reúnese coa veciñanza de Vite para falar da súa designación como Área de Rehabilitación Integral (ARI)

06/04/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, reuniuse onte coa veciñanza de Vite para explicar en detalle o que significa a declaración do barrio como Área de Rehabilitación Integral. O edil indicou que a ARI aféctalle a un total de 1.263 vivendas, que poderán optar a axudas para mellorar a súa accesibilidade, habitabilidade e eficiencia enerxética, a través de renovación de fachadas, mellora dos illamentos ou instalación de ascensores. A declaración da...

Leer más

TURISMO

A primeira edición de Santiago Paixón Doce rematou cunha boa acollida do sector

05/04/2016

A concelleira de Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, valoraron os resultados de Santiago Paixón Doce, novo programa gastronómico que naceu coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a pasada Semana Santa. Tanto o Concello como a Asociación fixeron unha valoración positiva da acollida da primeira edición do evento.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Un concurso de modelado 3D fomenta a educación en valores ambientais

05/04/2016

O Concello, en colaboración coa Universidade de Santiago e a empresa Ferrovial, vén de poñer en marcha o concurso COMPOS3D de modelado 3D a partir de fotografías, co obxectivo de fomentar a educación en valores medioambientais. O certame enmárcase nas actividades de celebración na cidade do Día Mundial do Medio Ambiente, e está dirixido a estudantes de entre 14 e 17 anos.

Leer más

CONSORCIO

Aberto o prazo de inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

05/04/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2016-2017. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS

En marcha a convocatoria de novas axudas para as áreas de rehabilitación de Vista Alegre, Pontepedriña e Cidade Histórica

05/04/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIs de Vista Alegre, Cidade Histórica e os grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga Palacios, na Pontepedriña. Jorge Duarte tamén informou da convocatoria de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbanas da ARI dos Camiños de Santiago, que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia.

Leer más
Compartir: