EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Os grupos de primaria representan as súas obras este vindeiro luns dentro do XXI Certame de Teatro Intercentros

06/05/2016

Este vindeiro luns, 9 de maio, terán lugar as representacións dos grupos de teatro de educación primaria do XXI Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía e pola coordinadora de equipas de Normalización Lingüística. O acto contará coa asistencia do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.

Leer más

FESTAS

Soleá Morente e a Festa dos Maiores, grandes atractivos do sábado da Ascensión

06/05/2016

A programación do sábado das Festas da Ascensión fará madrugar a máis dun. A partir das 9:00 horas será a saída, dende a praza de Europa, en Fontiñas, da Andaina dos 50 km de Santiago, que vai xa pola súa décimo terceira edición. A partir das 10:30 horas celebrarase o XVIII Trofeo da Ascensión de Ciclismo coas probas escolares e cadetes e, ás 16.00 horas, a proba elite/sub23.

Leer más

DEPORTE E TURISMO

Este domingo remata o prazo para inscribirse na SantYaGo10K a prezo reducido

06/05/2016

SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela que se celebrará o 21 de maio ás 22:30 horas polo Casco Histórico da cidade, ronda xa as 1.000 persoas inscritas. O prazo de inscrición remata o día 15 de maio, pero as persoas que se apunten antes deste domingo día 8 terán un prezo reducido de seis euros. A cuota para as persoas que se anoten para a semana será de 15 euros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Iniciados os trámites para cubrir as tres vacantes na Banda Municipal de Música

06/05/2016

O Concello ven de iniciar os trámites para cubrir as tres prazas vacantes na Banda Municipal de Música, segundo as indicacións realizadas pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. Os contratos para os intérpretes de oboe, trompa e fagot terán unha duración de tres meses, seguindo a liña do que se ven facendo nos últimos anos para cubrir esas vacantes. Neste tempo, a Concellaría seguirá traballando no novo modelo para a Banda, que pasaría pola incorporación de novos músicos mediante...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Luz Pichel, protagonista do próximo encontro na Zona "C" con "Poesía e parrafeo"

06/05/2016

Continúan os encontros na Zona "C" con diversos axentes do sector cultural. A poetisa Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947) toma o relevo para traer as letras a este espazo e continuar a propiciar debates. Será o vindeiro luns 9 de maio, ás 20:00 horas, baixo o nome de Poesía e parrafeo, cando Luz Pichel procederá á lectura de varios dos seus textos para abrir despois un coloquio posterior. A entrada é libre.

Leer más

FESTAS

A Romaría Cativa encherá de música e humor o Teatro Principal este venres da Ascensión

05/05/2016

Dende as 17:30 e ata as 20:00 horas, os nenos e nenas convértense nos protagonistas das Festas da Ascensión. É o momento de gozar da Romaría Cativa, que encherá de música, humor e cor o Teatro Principal, onde se celebrará o evento -inicialmente previsto na praza da Inmaculada- por mor da choiva. Tamén pasa a este escenario o concerto de Mad Martin Trío (23:00 horas).

Leer más

FESTAS

Compostela viviu o día grande da Ascensión

05/05/2016

O Mercado Nacional de Gando de Santiago acolleu no día da Ascensión a tradicional Feira Cabalar. O público congregouse masivamente durante a mañá no recinto de Amio para presenciar os concursos morfolóxicos e de andadura. Durante a tarde e a noite hobuo citas musicais para todos os públicos.

Leer más

ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan o colexio de Aspanaes

04/05/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá o colexio e o centro de atención temperá de Aspanaes, a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Espectro Autista da Coruña. No percorrido polas instalacións, localizadas en Lamas de Abade, estiveron acompañados pola presidenta do colectivo, María José Álvarez Folgar, e polo director do colexio, Alberto Silva.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Nacen Compostela Art e Compostela Eco co obxectivo de asentarse como feiras estables

04/05/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou, acompañada do presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, e do seu secretario, Delmiro Prieto, as feiras Compostela Art e Compostela Eco, que se celebrarán entre o 5 e o 8 de maio na praza Roxa e na Carreira do Conde.

Leer más
Compartir: