ALCALDÍA
O alcalde visita o Fogar Español e departe con emigrantes galegos en Montevideo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o Fogar Español, onde residen 211 emigrantes españois de escasos recursos económicos, dos que arredor dun 80% son galegos. O Fogar conta tamén cun centro de día que atende a 34 residentes temporais, cuxas prazas son financiadas pola Fundación Galicia Emigración. Nos últimos anos o Fogar experimentou un cambio importante en canto a infraestruturas e acondicionamento.
TURISMO
Santiago será protagonista do programa brasileiro "Vai pra onde?"
A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como plató de rodaxe, está colaborando con Vai pra onde?, un programa de viaxes de referencia na televisión brasileira, para a rodaxe dun capítulo dedicado a Santiago de Compostela. O programa estreouse no ano 2007 e, dado a súa boa recepción por parte da audiencia do Brasil, está xa na súa terceira tempada. O programa gravarase na cidade entre o 21 e o 23 de maio.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago abre o prazo para optar a 85 bolsas de comedor escolar
Ata o 15 de maio permanecerá aberto o prazo para que as familias con poucos recursos poidan solicitar bolsas para facer fronte ao custo do servizo de comedor nos centros educativos. O Concello concederá ata un total de 85 bolsas, cunha bonificación do 85% do custo mensual do comedor.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música achégase ao final do curso con catro concertos
Achégase o final do curso 2008-2009 e a Escola Municipal de Música preparou un programa de catro concertos nos meses de maio e xuño, que comezarán mañá, ás 20:30 horas, cun concerto de piano e violoncello na propia Escola. Á par, xa se abriron os prazos de preinscrición e matrícula cara o vindeiro curso.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello aproba un orzamento de máis de 200.000 euros para as Festas da Ascensión
A Xunta de Goberno deu o visto bo a un orzamento de 208.500 euros para as Festas da Ascensión. Entre outros acordos, tamén se iniciou a expropiación dunha parcela necesaria para a obra de duplicación do acceso ao Polígono do Tambre, e aprobáronse as bases do XIII Concurso de Fotografía Deportiva.
BENESTAR SOCIAL
A concelleira de Benestar Social inaugura un curso destinado a coidadores de persoas con alzheimer
Mar Martín, concelleira de Benestar Social e Muller, inaugura o martes 5 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas o curso Enfermidade de alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores, organizado por AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer) e no que colabora o Concello de Santiago.
COMERCIO
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio participa en Málaga no II Foro de Comercio Urbano
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo estará presente en Ágora, o II Foro de Comercio Urbano que se celebra do 6 ao 8 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións de Málaga. Contará cun stand de 32 metros cadrados en forma de bolsa no que se vai instalar unha pantalla de vídeo e 14 lamas para ofrecer información, dun xeito atractivo, sobre o sector comercial e sobre os programas de innovación, promoción e dinamización comercial desenvolvidos nos últimos anos en...
ALCALDÍA
O alcalde impulsa acordos de colaboración e promove o Xacobeo 2010 en Bos Aires
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do alcalde de Brión, Xosé Luis García, e do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, mantivo un encontro o luns 4 de maio cos empresarios de AEGA (Asociación de Empresarios Galegos de Arxentina), que preside Oswaldo Méndez. AEGA, que conta con 100 socios de todos os sectores comerciais, é unha das asociacións de emigrantes galegos de primeira e segunda xeración máis nova, pois fundouse hai tres...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello de Santiago promove o emprego da lingua galega nunha nova edición do "Maio das letras"
Baixo o título Maio das letras e co lema "Vive a túa lingua, vive as túas letras", a Concellería de Normalización Lingüística preparou un completo calendario de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Ramón Piñeiro. Xincanas literarias, charlas, monicreques e unha Festa das Letras configuran o programa.
CULTURA
Literatura, música e artes escénicas na programación cultural de maio
Presentouse en Raxoi a programación cultural de maio en Compostela. Na mesma destacan eventos como a actuación do cantaor flamenco Miguel Poveda, ou as representacións de danza Paraíso sete, de La Familia, e Sense Fi e Conquassabit, de Gelabert Azzopardi.