COMERCIO
Comeza a segunda parte das conferencias sobre comunicación e innovación para o pequeno comercio
A Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) acollerá entre o 14 e o 18 de abril a segunda parte do ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do conxunto de actividades de Marzo, mes co Comercio. Este segundo bloque componse de cinco charlas gratuitas impartidas por expertos en cada unha das temáticas que se van abordar.
CULTURA
Bota a andar Compostela Máxica 2008
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo comeza o sábado 12 para goce de todos os que gostan da ilusión, da maxia e do ilusionismo. Será cunha gran gala que, aínda que inicialmente estaba previsto celebrarse na Praza da Quintana, tivo que trasladarse ao Teatro Principal, por motivos meteorolóxicos.
EDUCACIÓN
As escolas infantís de Conxo e Fontiñas seguirán sendo de titularidade municipal
A Concellería de Educación, Guadalupe Rodríguez, manifestou en rolda que se vai manter o sistema de xestión municipal das Escolas Infantís de Conxo e Fontiñas co obxecto de propiciar a pluralidade de oferta educativa. "Esa é a vontade desta Concellaría, dos alcaldes e dos pais e nais dos rapaces destas dúas escolas", sinalou.
ALCALDÍA
Compostela convértese un ano máis en escaparate para o mercado inmobiliario
O recinto feiral de Amio acolle do 10 ao 13 de abril a Feira de Vivenda de Galicia: Expovivenda’08. A deste ano será a oitava edición en Santiago dun evento convertido en gran escaparate para o mundo inmobiliario, onde se citan centos de empresas de Galicia, España e Portugal.
COMERCIO
O sector comercial, recoñecido pola súa contribución ao desenvolvemento de Santiago
O Teatro Principal acolleu a III Gala do Comercio Compostela Capital de Compras, no marco do conxunto de actividades desenvolvidas baixo o lema Marzo, mes do Comercio. O obxectivo deste evento era renderlle ao sector comercial o tributo que merece pola súa contribución ao desenvolvemento de Santiago.
CULTURA
Continúa o ciclo Teatro + Danza en Xira con "13 rosas"
O venres 11 de abril, ás 21:00 horas, continúa o ciclo Teatro + Danza en Xira no Auditorio de Galicia, coa representación da obra 13 rosas pola Compañía Arrieritos, dirixida Florencio Campo.
CULTURA
O debuxante Carlos Jiménez dá unha conferencia no marco da mostra "A Historieta Galega"
O venres 11 de abril, ás 17:00 horas, a Sala Mozart Auditorio de Galicia acolle o relatorio Unha vida dedicada ao cómic, do debuxante Carlos Jiménez, quen debullará para o público a súa dilatada traxectoria artística no mundo do cómic. A actividade enmárcase dentro da mostra A Historieta Galega, que organizaron a Concellaría de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
CONSORCIO
Unha nova publicación analiza a delincuencia e represión na antiga provincia de Santiago entre 1700 e 1834
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou o libro Crimen, criminales y reos. La delincuencia y su represión en la antigua provincia de Santiago entre 1700 y 1834. A publicación recolle o traballo de Raquel Iglesias Estepa, baseado na súa tese doutoral sobre "comportamentos criminais na sociedade galega de fins do Antigo Réxime".
ORZAMENTOS
A liquidación do orzamento de 2007 deixa un resultado positivo de 14 millóns de euros e a definitiva eliminación da débeda
Realizada a liquidación do orzamento municipal de 2007, este rexistrou un resultado positivo de 14.067.600 euros, o que supón un 62,02% máis que no exercicio 2006. O de Santiago é un dos poucos Concellos que, nun ano electoral, rexistra un saldo positivo. Ademais, este foi o ano no que as arcas municipais conseguiron eliminar a débeda case na súa totalidade.
CULTURA
Compostela volve a ser por unha semana a capital mundial da maxia
Do 12 ao 19 de abril, a cidade volverá a ser a capital mundial da maxia grazas á Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo. Os mellores magos de Galicia e destacados representantes do panorama español e internacional participarán nun evento que levará a maxia á rúa e a todos os públicos.