MULLER
Formalizada a cesión á Xunta do inmoble de San Lourenzo onde se implantará o Centro de Recuperación Integral para Mulleres
A Xunta de Goberno acordou a concesión gratuíta á Xunta do inmoble municipal situado na carballeira de San Lourenzo para a implantación nel dun Centro autonómico de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero. A concesión é por quince anos, prorrogables por dous períodos consecutivos de cinco anos.
FESTAS
Máis de 2.000 persoas nunha animada X Festa dos Maiores
Na súa décima edición, a Festa dos Maiores rexistrou un novo éxito, con 2.100 asistentes no recinto feiral de Amio.
FESTAS
Música e títeres na última xornada das Festas da Ascensión
O último día da Ascensión, o domingo 4, non pode faltar a cita coa Banda Municipal de Música no Teatro Principal. O concerto comezará ás 12:00 horas. Nesta xornada dominical, os rapaces tamén teñen o seu espazo. Ás 13:00 horas, no Toural, poderán ver un espectáculo de títeres, Do re mi Mozart xoga aquí. A compañía Títeres Cachirulo intentará sorprender ao público infantil coas súas historias e animacións.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a necesidade dun acordo orzamentario "que non hipoteque o futuro das contas do Concello"
Na súa habitual rolda dos venres, o alcalde compostelán analizou as negociacións para pechar o acordo dos orzamentos de 2008. Segundo Xosé A. Sánchez Bugallo, as contas "deben axustarse con prudencia aos escenario económico no que estamos".
ALCALDÍA
Perfílase o documento definitivo sobre a parte non aprobada inicialmente do PXOM
O alcalde anunciou para o martes 6 de maio a segunda xuntanza da Comisión de Dirección do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no que se procederá a entrega oficial da documentación, completada e corrixidos os erros, aos grupos municipais. Pasarase así ao debate en Comisión, co obxectivo de que a mediados de maio estea lista a proposta que finalmente se presentará no Pleno municipal.
CULTURA
Ciclo de cinema mudo e música en directo no Principal
O luns 5 de maio comeza o ciclo de Cinema Mudo organizado pola Concellaría de Cultura. O celebrouse por primeira vez en setembro de 2007 e tivo un grande éxito de público.
CONSORCIO
Comeza o Compostela Organum Festival con Bruno Forst e co cuarteto de metais da Real Filharmonía de Galicia
Entre o 3 e o 17 de maio, a Catedral e as igrexas da Universidade e Ánimas, acollen un novo ciclo do Compostela Organum Festival; unha iniciativa estreitamente vencellada ao patrimonio relixioso de Santiago e á revitalización dos órganos, herdeiros dunha tradición musical secular na historia de Compostela.
FESTAS
A décima edición da Festa dos Maiores reunirá a 2.000 persoas no recinto feiral de Amio
A partir das 13:00 horas do sábado 3 comezará a décima Festa dos Maiores. Unhas 2.000 persoas congregaranse no recinto feiral de Amio para pasar un día agradable. Terán un espectáculo de cabezudos e un xantar a base de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e tarta de Santiago. A continuación, e tras a sobremesa, bailarán ao ritmo da orquestra Nueva Moda.
ALCALDÍA
O alcalde e o presidente da Xunta tamén viviron o día da Ascensión
Con motivo do Día da Ascensión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o recinto feiral de Amio, onde se celebrou o Concurso morfolóxico de cabalos de pura raza galega "Gran Premio Concello de Santiago".
FESTAS
Seis grupos galegos darán a coñecer a súa música nun concerto no Campus Sur
As Festas da Ascensión continúan despois de vivir na noite do mércores 30 unha gran festa, que aínda co tempo en contra, non impediu que miles de mozos gozasen coa Campus Party. O programa do xoves 1, día da Ascensión, invitaba a pasar unha tarde polas rúas de Santiago coa multitude de actuacións a cargo de diferentes agrupacións folclóricas.