ALCALDÍA

O alcalde recibiu un grupo de escolares de intercambio do Colexio Manuel Peleteiro

27/09/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu un grupo de alumnos de intercambio do Colexio Manuel Peleteiro, acompañado polo concelleiro de Educación, Ángel Currás. Son 15 escolares alemáns que pasaron uns días en Compostela e están a piques de regresar ao seu país. Logo serán os alumnos do Peleteiro os que viaxen a terras xermanas.

Leer más

CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

+ Curtocircuíto leva as súas curtametraxes ao Auditorio e distintos centros socioculturais

27/09/2011

Ponse en marcha a sección +Curtocircuíto, coa que se completa a VIII edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, que organiza a Concellería de Cultura. Nesta sección proxectaranse no Auditorio de Galicia e en distintos centros socioculturais as máis de 30 curtametraxes que formaron parte do Festival nas súas distintas seccións. Para presentala compareceron en rolda de prensa os concelleiros de Cultura e Centros Socioculturais, Ángel Currás e Francisco Javier Noya; o...

Leer más

ALCALDÍA

Conde Roa: "Non se pode executar a estación do AVE antes de que estea redactado o planeamento de desenvolvemento"

27/09/2011

"Non podemos comprometer o desenvolvemento urbanístico da cidade polas presas electorais", apuntou o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a propósito da futura estación do AVE. Indicou que dende o Concello non se autorizará o financiamento da estación grazas a aproveitamentos urbanísticos que impliquen a construción dun novo centro comercial.

Leer más

CULTURA

Esgotadas as entradas para as dúas funcións de "O barbeiro de Sevilla"

27/09/2011

O Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia inauguran a súa temporada de abono o mércores 28 de setembro, ás 20:00 horas, coa ópera O barbeiro de Sevilla, que se repetirá en segunda función o venres 30. As entradas para as dúas funcións esgotáronse ao longo da mañá de martes 27.

Leer más

MOBILIDADE

Modificacións na rotonda de Conxo para mellorar a mobilidade na zona

26/09/2011

O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, anunciou que a partir do xoves 29 se procederá a realizar un cambio na rotonda de Conxo co obxectivo de mellorar a mobilidade da zona. A modificación consistirá na colocación dun valado na rotonda, de xeito que os vehículos que procedan de Conxo e do Hospital Provincial non poderán xirar á súa esquerda.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a instalación de alumeado no campo de fútbol de San Lázaro

26/09/2011

A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, a dotación de alumeado para o novo campo de fútbol de San Lázaro, así como unha nova edición do programa "Á auga patos". Tamén se procedeu ao nomeamento dos representantes municipais nos consellos escolares e autorizouse a utilización do CEIP Apóstolo Santiago para a preparación do graduado en educación secundaria para adultos.

Leer más
Compartir: