MULLER

Un Camiño solidario contra a violencia de xénero

26/11/2011

Os actos programados pola Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) continuaron coa celebración dun Camiño solidario.

Leer más

CULTURA

Cineuropa propón unha experiencia divertida dirixida aos espectadores do futuro

25/11/2011

Dentro das actividades paralelas ao Festival, Cineuropa ten moi en conta aos que no futuro serán os seus espectadores. Así, ademais da tradicional programación de Cine Miúdo e os obradoiros de iniciación ao cine ou de técnicas cinematográficas, os máis novos poderán achegarse o sábado 26 ata a praza Roxa, a partir das 16:30 horas, e gozar dunha divertida experiencia con A Caixiña dos Mistos. Esta actividade está dirixida, fundamentalmente, aos nenos e nenas de ata 14 anos e a entrada é...

Leer más

CULTURA

O festival Cineuropa reserva para a súa última semana o cine máis esperado

25/11/2011

A XXV edición de Cineuropa reserva para a súa última semana o groso dos títulos que máis expectación teñen espertado este ano. O cine máis transgresor ou extremo nas súas formas ou contidos, como é o caso do Oso de Prata en Berlín, O cabalo de Torino, ou a fin do mundo segundo Bela Tarr; a capacidade para sorprender dos franceses Bruno Dumont ou Bertrand Bonello, que removeron Cannes con Hors Satan e L'Apollonide. E o atrevemento do xaponés Shion Sono con Cold Fish e...

Leer más

CULTURA

Cineuropa, referente do Novo Cinema Galego

24/11/2011

Cineuropa converte ao Teatro Principal no referente do Novo Cinema Galego ao estrear as últimas producións de Alberte Pagán, A pedra do lobo e de Xurxo Chirro, Vikingland, que vén de ser seleccionada e recoller excelentes críticas nos festivais de Marsella, Mar del Plata e Xixón. Tanto Pagán como Xurxo Chirro presentarán ao público, o venres 25 pola tarde, as súas obras e manterán un debate posterior ás proxeccións.

Leer más

MULLER

Un lazo violeta contra a violencia de xénero

24/11/2011

O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte, da Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, realizou un reparto de lazos violetas no habitual mercado dos xoves, en Salgueiriños. Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), este acto pretendía concienciar á poboación de Santiago sobre a problemática da violencia de xénero e sobre a necesidade dunha loita activa contra a mesma.

Leer más
Compartir: