ACCIÓN CULTURAL
A poesía tomará o palco da SELIC este sábado
Aos versos de Urbano Lugrís e Anne Carson sumarase o concerto-recital de Olga Novo e Su Garrido Pombo para fechar o día.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para o Festival "O Son do Camiño" a vindeira semana
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade para coordinar o dispositivo con motivo da celebración do Son do Camiño, festival que se celebrará do 15 ao 17 de xuño en Santiago e ao que está previsto que acudan máis de 40.000 persoas cada día. As administracións implicadas actuarán de forma conxunta con medidas especias que se aplicarán tanto nos controis de acceso e no interior do recinto, como na propia cidade. Tamén se reforzarán os servizos ferroviarios e de...
ACCIÓN CULTURAL
O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña asinan o convenio para financiar a programación do Auditorio de Galicia
A concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas institucións para financiar parte do programa de actividades que o Auditorio de Galicia está a realizar durante o presente exercicio.