CONVIVENCIA
O concelleiro de Convivencia recoñece a traxectoria do xefe da Policía Local, condecorado no día de hoxe
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, salientou hoxe a labor do Xefe da Policía Local de Compostela, Xosé Manuel Traba, a quen hoxe recoñeceu a Policía Nacional no día do seu patrón.
ACCIÓN CULTURAL
Catorce concertos conforman o Ciclo de Outono da Banda Municipal de Música de Santiago
Do 8 de outubro ao 30 de decembro, a Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá 14 concertos en diferentes espazos da cidade. Alén do Auditorio de Galicia e o Teatro Principal, escenarios habituais das dúas actuacións, a banda ofrecerá dous concertos nos barrios, un na praza do Obradoiro e outro na Catedral de Santiago.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pon en escena a ópera "A sonámbula", de Bellini, en versión concerto
A Real Filharmonía de Galicia porá en escena esta semana a ópera A sonámbula, do compositor italiano Vincenzo Bellini, en versión concerto. A orquestra ofrecerá dúas actuacións, o venres 6 na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas; e o domingo 8 no Teatro Afundación de Vigo, ás 19:30 horas. Estes concertos son unha coprodución da Real Filharmonía de Galicia e o Outono Lírico de Amigos da Ópera de Vigo, en colaboración con Amigos da...
MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga programa 23 actividades para o último trimestre
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as actividades do Centro Xove da Almáciga para os meses de outubro, novembro e decembro. En total serán 23 talleres de diversas disciplinas e todos de balde.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica "a unión universal e eterna" de Roma e Santiago
O alcalde, Martiño Noriega, reivindicou hoxe que "a diversidade é o verdadeiro valor do Camiño de Santiago, nun mundo cada vez máis interconectado no que non debemos ceder ás tentacións da uniformidade". Foi durante a inauguración do festival "Remover Roma con Santiago", na igrexa San Pietro in Montori da capital italiana.