ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
María Pardo participa nunha xornada sobre licenzas municipas achegando a experiencia do Concello de Santiago
A xornada "licenzas municipais, nova normativa e como afecta ás empreas do sector da xestión dos residuos" tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia durante a xornada do martes 25.
ALCALDÍA
Dezaseis concertos do 11 ao 20 de abril na VIII edición do Festival de Músicas Contemplativas
Foi presentado esta mañá polo alcalde compostelán, Ángel Currás; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural de Santa Marta amosa o traballo de nove compañías na sétima edición do Ciclo de Teatro Comunitario
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis coa Comisión cultural da Facultade de CC da Educación no desenvolvemento do Ciclo de Teatro Comunitario, que presentou o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, en rolda de prensa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo para a inscrición na viaxe "Descubre o Ribeiro entre viñedos"
O xoves 27 de marzo a partir das 17h ábrese o prazo para a inscrición nunha nova viaxe programada no marco do programa municipal Imos de excursión. Nesta ocasión os participantes descubrirán o Ribeiro entre viñedos do 26 e 27 de abril.
TURISMO
Santiago participa na xuntanza do Spain Convention Bureau
O Comité executivo do Spain Convention Bureau celebrouse en Madrid o 24 de marzo e contou coa presenza da concelleira de Turismo, Reyes Leis, en representación do alcalde compostelán.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO
Rematan as charlas da Policía Local sobre seguridade peonil nas zonas rurais
O Local Social da Peregrina acolle esta tarde a últimas das charlas organizadas dentro da campaña "Mira que te miren", ofrecidas pola Policia Local en colaboración coa DGT. Participaron as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Asiste o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello.