CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo para a excursión "Galicia en pedra"
Desde o martes 18 de marzo, a partir das 17 horas, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova excursión do programa municipal Imos de excursión. "Galicia en pedra" é o título que leva a saída prevista para o domingo 6 de abril.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellería de Centros Socioculturais programa máis de 30 accións de marzo a xuño para "ler, contar e gozar coas letras"
A Concellería de Centros Socioculturais súmase un ano máis á celebración de varias datas significativas no eido das letras entre os meses de marzo e xuño cun abano de actividades nos centros pensadas tanto para pequenos como para maiores. Así, como indicou o concelleiro Francisco Noya, conmemorarase o Banquete literario de Conxo e os días internacionais do Teatro, do libro infantil e xuvenil, do libro e o día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta Xose Mª Diaz Castro.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística convoca o I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino de toda Galicia
A Concellería de Normalización Lingüística, dirixida pola edil Rebeca Domínguez, vén de convocar o I Concurso de vídeo-creación no que poderán participar alumnos dos centros de ensino galegos ata o vindeiro 2 de maio.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Máis de 1600 cidadáns visitaron o Centro de Interpreción Ambiental de Compostela no último ano
A concelleira da Área de Desenvolvemento Sostible, María Pardo, fixo balance deste último ano de actividade do CIAC, ubicado en Belvís, polo que pasaron máis de 1600 composteláns para participar nas actividades, obradoiros e xornadas que se programaron no equipamento trala súa posta en marcha. Estes datos supoñen entre 7 e 10 veces máis visitas que na anterior etapa de funcionamento do centro.
ALCALDÍA
Un libro recolle a historia urbana de Compostela ao longo do XIX, un século de grandes progresos para a cidade como a iluminación pública, a rede de sumidoiros ou o ferrocarril
O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar Compostela 1780-1907: una aproximación a la ciudad decimonónica, de Andrés Rosende Valdés, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago. O alcalde de Santiago, Ángel Currás, presentarou a publicación no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías). O libro recolle a historia urbana de Compostela ao longo do século XIX.
TURISMO
A Cidade da Cultura acolleu a IV edición dos Premios Mágnum do Viño Galego.
O Centro de Innovación Cultural do Gaiás reuniu unhas 200 personas para celebrar e premiar os mellores profesionais do viño en Galicia. Asistiu o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis.