CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Música e lecer para todos os públicos únense en Belvís na segunda Romaría Pop
A concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentaron xunto a Álvaro Álvarez, secretario da asociación Desconcierto Cultural, a segunda edición da Romaría Pop, que se celebrará o sábado 15 de xuño. O programa abrirase uns días antes, o 6 de xuño, cun concerto de presentación na Zona C con Niño y Pistola e When Nalda Became Punk. Entradas a 8 euros (anticipada) e a 10 euros (billeteira).
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de profesores e alumnos da universidade máis antiga de USA
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu un grupo de profesores e alumnos de The College of William & Mary, a universidade máis antiga de Estados Unidos, situada en Williamsburg, no Estado de Virxinia.
BENESTAR SOCIAL
Compostela uniuse á conmemoración do Día do Doante de Órganos e Tecidos
A praza do Toural acolleu os actos en Santiago conmemorativos do Día do Doante de Órganos e Tecidos, organizado pola Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (ALCER). Alí estivo instalada unha mesa informativa e foi onde a concelleira de Benestar Social, María Castelao, lle entregou o carné de doador á cantante compostelá Yhadira.
BENESTAR SOCIAL
O barrio de San Pedro diagnostica os seus recursos, potencialidades e oportunidades
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á reunión da coordinadora do barrio de San Pedro, na que se presentou un proxecto de recollida de material escolar e se abordaron as liñas de actuación a seguir a partir do Diagnóstico Comunitario do Barrio de San Pedro.
DEPORTES
O recinto de Amio acollerá o circuíto da Xira Galega de Karting do 7 ao 9 de xuño
A Xira Karting chega por quinto ano a Compostela para ofrecer a posibilidade de pilotar un kart a través dun circuíto preparado especialmente para a ocasión no recinto feiral de Amio. O Concello de Santiago facilitará que os escolares poidan subirse de balde a estes pequenos vehículos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa aberto o prazo de preinscrición nas actividades "Mañás de verán e de xogo"
As preinscricións nos programas Mañás de verán –previsto nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta- e Mañás de xogo -nos locais sociocuturais das parroquias da Gracia-Grixoa-Lamascal e Busto-Nemenzo-Marantes, continúan abertas ata o martes 11 de xuño.
COMERCIO
O Concello pon en marcha un programa para favorecer o desenvolvemento do tecido económico do barrio de San Pedro
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnica de comercio Lucía Castro, presentou no Pazo de Raxoi o programa San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Os locais comerciais libres: unha oportunidade. Trátase dun proceso de dinamización e revitalización comercial organizado polo Concello no marco do programa europeo Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.