ALCALDÍA
Un congreso reúne en Santiago a 200 especialistas na xestión dos riscos sanitarios
O alcalde compostelán, Ángel Currás, deu a benvida aos participantes no XV Congreso AEGRIS (Asociación Española de Gestión de Riesgos Sanitarios), que se celebra no San Francisco Hotel Monumento os días 11, 12 e 13 de abril. 200 persoas asisten a este seminario científico, que leva por título "Novas orientacións na xestión do risco sanitario". Os participantes foron logo recibidos no Concello.
EDUCACIÓN E XUVENTUDE
As concelleiras de Educación e de Xuventude recibiron un grupo de escolares alemáns
As concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron un grupo de 28 alumnos do instituto Peutinger, de Ausburgo (Alemaña).
ALCALDÍA
Entregados os premios dos concursos do programa "Vive a Paixón"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu no salón vermello de Raxoi a entrega de premios dos concursos do programa Vive a Paixón, impulsado pola Confraría de Estudantes en colaboración co Concello e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Estas iniciativas de vídeo, fotografía e relato curto tiñan o obxectivo de promover o uso do galego e das novas tecnoloxías no ámbito da celebración da Semana Santa.
CULTURA
Dúas citas coa danza contemporánea no Teatro Principal para o mes de abril
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou os espectáculos de danza de abril acompañado de Nuria Sotelo, da compañía de danza Licenciada Sotelo. Desta será o espectáculo Usted está aquí, o 19 de abril, no Teatro Principal. Dous días antes, Thomas Noone presenta no mesmo escenario a súa última creación, Lugares extrañamente desastrosos.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de solicitude dos obradoiros de verán e do curso 2013-2014 das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou os prazos de solicitude e matrícula dos obradoiros de verán 2013 e do curso 2013-2014 das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Tamén se deu o visto bo á revisión de tarifas do estacionamento da praza de Galicia e do tanatorio de Boisaca.
BENESTAR SOCIAL
O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte inicia o seu programa de competencia social e crecemento persoal
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais iniciou unha serie de obradoiros no Centro Comunitario Xoán XXIII. Esta iniciativa, encadrada dentro do Programa de Competencia Social e Crecemento Persoal, consiste na posta en marcha de varias sesións formativas con temáticas diferentes. Así, unha das propostas é á elaboración de pratos de cociña económicos.
ECONOMÍA
O Cersia acolle dous novos obradoiros, un sobre o éxito e outro sobre a incompetencia
O Cersia acollerá a vindeira semana dous obradoiros formativos na xestión empresarial dentro do programa municipal Santiago Investors Support, dirixido a empresarios e emprendedores. O primeiro obradoiro celebrarase o martes 16 de abril, de 16:30 a 19:30 horas, baixo o título Lidera o teu camiño cara o éxito. O segundo celebrarase o 17 de abril, ás 19:00 horas, baixo o título Como afrontar e superar a incompetencia?.