PLENO

O Pleno aproba un orzamento definido polo alcalde como "social e realista"

22/06/2012

O Pleno municipal aprobou inicialmente, cos votos favorables do grupo de Goberno, o orzamento e o cadro de persoal do Concello para o ano 2012. As contas do Concello para este exercicio prevén uns gastos de 89.859.778 euros e uns ingresos de 92.580.508 euros. Na súa intervención de peche do debate, o alcalde definiu este orzamento como "social e realista".

Leer más

EMPREGO

A Mesa Local polo Emprego perfila o calendario de accións para o exercicio

22/06/2012

Reuniuse en Raxoi a Mesa Local polo Emprego, na que se definiu o calendario de accións para este exercicio, ás que se destinarán 120.000 euros. A busca de sector emerxentes ou das profesións máis demandadas serán algúns dos eixes nos que se traballará. Nos vindeiros días, asinaranse os convenios coas entidades participantes nesta Mesa nos que se concretarán as accións a executar. Estas actividades enmárcanse no Pacto Local polo Emprego de Santiago, que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O obradoiro "Express-Até" promoverá o uso do galego a través da escrita creativa

22/06/2012

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou o obradoiro de escrita creativa Express-Até, que se desenvolverá en varias sesións ao longo do mes de xullo no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Está dirixido a rapaces e rapazas entre 12 e 18 anos e a participación é gratuíta.

Leer más

ECONOMÍA

O Concello organiza cursos para afrontar os procesos de selección das empresas

22/06/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o Curso de selección e liderado, que ten por obxectivo preparar os asistentes ante os diferentes procesos de selección que seguen as empresas á hora de contratar ao seu persoal. O curso desenvólvese dentro do programa Santiago Investors Support, que ten por obxectivo contribuír á dinamización económica da cidade. A concelleira estivo acompañada da técnica responsable do servizo de Economía do Concello, Carme Casado.

Leer más
Compartir: