URBANISMO

María Pardo resalta a transformación de Urbanismo nun departamento "máis eficiente, áxil e eficaz"

20/06/2012

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, compareceu en rolda de prensa para facer balance do primeiro ano á fronte do Departamento. Defendeu a transformación realizada na súa estrutura, transformándoa nunha Concellería "máis eficiente, áxil e eficaz". Entre as actuacións máis salientables, citou a creación do Rexistro Auxiliar de Urbanismo, a actualización da normativa municipal ou os traballos para o coidado dos espazos públicos na Cidade Histórica.

Leer más

TURISMO

O Concello colabora coa carreira solidaria "A Santiago contra o cancro 2012"

20/06/2012

A carreira no competitiva A Santiago contra o cancro 2012, que se celebrará do 29 de xuño ao 1 de xullo unindo León con Santiago de Compostela, e que organiza a Escola do Corredor ULE-Chorco e a Asociación Española contra o Cancro (AECC), segue co seu obxectivo de recadar fondos para a loita contra esta enfermidade. O Concello colabora con esta iniciativa, motivo polo que a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu en Raxoi o presidente da Asociación contra o cancro de León, Agustin Montoya.

Leer más

CULTURA

Chambao, unha das propostas de Sons 2012 para o último trimestre do ano

20/06/2012

A programación de Sons 2012 neste semestre chega ao seu fin o xoves 21 de xuño co concerto da irlandesa Sharon Corr. Pero á volta do verán chegarán novas propostas de música variada e de calidade. Chambao será unha delas e poderemos escoitalos no Auditorio de Galicia o 19 de outubro dentro da xira mundial de presentación do seu quinto disco de estudo. As entradas para este concerto están xa á venda a un prezo de 20 € (custarán 23 € o día do cocnerto). Poden adquirirse na billeteira do Teatro Principal, en...

Leer más

CULTURA

Concerto da Orquestra Gaos no Auditorio

20/06/2012

A Orquestra Gaos dará un concerto o martes 26 de xuño no Auditorio de Galicia dentro do ciclo da Concellería de Cultura Novas Orquestras. Dirixidos por Fernando Briones e con André Cebrián, flauta, interpretarán o Concerto caribeño para frauta e orquestra de L. Schifrin e a Sinfonía núm 4 de J. Brahms. As entradas teñen un custo de 3 € e poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e na do Auditorio o propio día do concerto. Os abonados do Auditorio poderán asistir de balde, previa...

Leer más
Compartir: